Concurso de recitado de Rosalía

O pasado xoves, 21 de febreiro, tivo lugar no IES o concurso de recitado. O xurado, composto por dúas profesoras, Maruxa (Lingua Galega) e Mariló (Matemáticas), xunto con tres membros do alumnado (Sara Barreiro de 3º ESO e Lois Santiago e Laura Santos de 1º Bach.) decidiu outorgar os premios a:

1º Premio: Yago Cepeda (1º ESO C)

2º Premio: Andrea Abuín (2º ESO A)

3º Premio: Alejandro Seoane (1º ESO C)Esta actividade, na que colaborou a biblioteca, contou cunha gran participación de alumnado e tamén de profesorado. As persoas gañadoras foron para a casa con cadansúa mochila de Rosalía e cun libro. Logo, ademais, os dous primeiros premios tiñan un vale para consumir na cafetería.