Participación do IES na Gala de Rosalía que organizou o concello de Ames

No noso centro xa estivemos comemorando o Día de Rosalía con numerosos eventos desde mediados do mes de febreiro, pero tamén participamos na gala de homenaxe que organizou o concello de Ames o pasado domingo 24 de febreiro, día do 182 aniversario do nacemento da poeta. O evento tivo lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18.00 h,  e en representación do IES do Milladoiro acudiron Iago Blanco, Yago Cepeda, Pablo Antelo e Álex Seoane de 1º ESO C.

Compartiron escenario con outro moito alumnado do CEIP de Ventín e do CEIP Agro do Muíño, así como con veciños/as do concello que realizaron diversos recitados de poesía. Tamén se proxectaron as videocreacións do alumnado do IES de Bertamiráns, así como as que se realizaron na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía para mostrar a actividade de "Rosalía na terriña". Participou tamén, nesta homenaxe do concello, a cantante Rosa Cedrón.