Premios do Concurso radiofónico de teatro lido

O pasado venres 21 de decembro entregáronse os premios da oitava edición do Concurso radiofónico de teatro lido. O acto celebrouse na Casa da cultura do Milladoiro e estivo guiado por Isabel Risco e  Marián Bañobre, que lles fixeron pasar unha hora moi divertida a todas as persoas asistentes.

O grupo MAC, formado por María Alamayona, Candela Ayuso e Antía Romero, recibiu un dos tres premios, o premio do público, pola súa obra “Sentimos o que sentimos”. Os outros dous foron para dous grupos do IES de Bertamiráns: Lalaland  obtivo o galardón de Mellor guión e Ísjaka o de Mellor interpretación. A dotación de cada un dos premios foi de 200 euros.

Durante a entrega de premios celebrouse un sorteo dun lote de libros que lle tocou aos representantes do grupo do noso IES Os Papagaios, formado por Jorge Oliveira, Manuel Rodríguez, Xabier Nóvoa e Raúl Tato.

Quedou en moi bo lugar nas votacións do público, a un só voto das gañadoras, o grupo Os Galaxy. Parabéns a todo o alumnado participante!