Youtubers polo cambio social

Do 23 de novembro ao 20 de decembro terá lugar no noso instituto o obradoiro Youtubers polo cambio social, realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) en colaboración coa ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz). O obxectivo é mellorar a conciencia crítica do alumnado e estimulalo a xerar o seu propio discurso.  O alumnado de 2º e 3º ESO do PMAR (Programa de Mellora do Aprendizaxe e Reforzo) terá a oportunidade de crear os seus propios vídeos.