FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018 - 2019: LISTAXES DEFINITIVAS

  Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnado admitido e excluído nas axudas para material escolar e  no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Neste último, na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro. Na listaxe de libros complementarios figuran subliñados os libros aos que algúns alumnos e alumnas teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días.

   Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos durante a primeira semana do curso.

AnexoTamaño
Axudas material- CONCEDIDAS- definitiva.pdf37.11 KB
Axudas material- EXCLUÍDAS- definitiva.pdf32.5 KB
Fondo libros- CONCEDIDOS.pdf178.04 KB
Fondo libros- Adquisición complementaria polo centro.pdf139.15 KB
Fondo libros- EXCLUÍDOS.pdf108.02 KB