ALUMNAS GAÑADORAS DO CONCURSO #RACHACOSESTEREOTIPOSDEXENERO

 Catro alumnas de Filosofía de 4º ESO son as flamantes gañadoras do concurso de videostiktok para conmemorar o Día 8 de marzo e que convocou o concello, coa temática #rachacosestereotiposdexenero. Felicitamos a Laura Iglesias e Yanira Ramos, e a Icía García e Carolina Couso! Espectacular traballo!

Velaí as ligazóns:

http://vm.tiktok.com/ZMe5D7mbS/

https://vm.tiktok.com/ZMe5DoPWn/   

Parabéns!

 

 

CERTAME FOTOGRÁFICO

Se formas parte do IES de Melide (alumnado, profesorado, persoal non docente...) anímate a participar no certame fotográfico "Os ríos que nos unen" para así compartir imaxes dos nosos ríos cós socios do Proxecto Europeo Erasmus+ LivingRiver de Rumanía, Turquía e Portugal.

Fai unha foto dalgún río da túa contorna (formato horizontal, máximo 10 Mb) e adxúntaa no seguinte formulario. Nel deberás engadir un título cretaivo e unha breve descrición tanto en galego como nunha segunda lingua (inglés, francés ou portugués).

 

 

DÍA DA POESÍA

 O día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo, equinoccio de primavera, e foi declarado pola Unesco no ano 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. Nós imos alongar durante esta semana a conmemoración para disfrutar desta "Primavera dos e das poetas", lendo poemas durante os recreos na biblioteca do IES, en todas as linguas que conviven no noso instituto. Da man das musas, queremos que as nosas verbas e outras emprestadas, deixen un eco de beleza no aire, compartindo a palabra poética para medrar na experiencia vital. 

O ÁLBUM DO DÍA DA MULLER: CREACIÓN COLECTIVA DO ALUMNADO DO IES

 Ao longo desta semana, o noso alumnado foi enviando retratos para este álbum que pretende homenaxear a mulleres de todas as épocas, unhas máis coñecidas, e outras relevantes pero difuminadas pola historia, para lembrarnos que foron moitas as que ao longo dos anos contribuiron a engrandecer o noso mundo, e a abrir xanelas ao coñecemento e ás artes.

 Compartimos con vós o noso traballo neste enlace, podedes ver o álbum da muller 2021, que esperamos que siga aumentando:

https://www.canva.com/design/DAEX1PowJSk/X7bjUlnbR382lc1gD69OZg/watch?utm_content=DAEX1PowJSk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink

DÍA DA MULLER NO IES DE MELIDE

  Dende o IES de Melide temos o convencemento de que a data do 8 de marzo, Día da muller, é unha data a celebrar; celebramos o conseguido por tantas mulleres que loitaron polos seus dereitos. Tamén é unha data sinalada para lembrar, lembrar que ainda existen desigualdades e teitos de cristal que inda impiden camiñar libres e sen medo polo mundo.

Porque queremos visibilizar este día, faremos distintas actividades que inclúen desde exposicións na biblioteca, elaboración de podcast protagonizados pola "muller da nosa vida", participación na campaña "Mix de Igualdade" promovida dende o Concello de Melide, e ademáis... realizaremos unha coreografía  no patio do IES, coreando as nosas consignas.

 Así que, se queres unirte, non tés máis que practicar un pouquiño esta fin de semana e unirte a nós no recreo do luns día 8 de marzo, en cada espazo de patio que che corresponda... anímate!!!

 Aquí vos queda o enlace para ensaiar a coreografía: 

https://youtu.be/Y85SBnERUc0

ABERTO PRAZO ADMISIÓN CURSO 21/22

Aberto prazo de admisión para curso 2021/22 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo así como para os de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, que desexen cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas libres.

Os trámites poden realizarse vía telemática: 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro, solicitando citra previa.

MAIS INFORMACIÓN     

Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior

Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.

Requisito de idade:

Probas de acceso a GM: 17 anos ou cumprilos no ano 2021.

Proba de acceso a GS: 19 anos ou cumprilos no ano 2021.

Achegamos un documento coas datas de interese.

Pódese ampliar información solicitando cita previa no Departamento de Orientación do IES de Melide.

O GLOSARIO DIXITAL DO CICLO DE MADEIRA CON LINGUA DE SIGNOS

  O Ciclo de Carpintería e Moble do IES de MELIDE na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/melide/2021/02/28/span-langgl-ciclo-madeira-do-ies-melide-crea-glosario-dixital-linguaxe-signosspan/0003_202102S28C8994.htm

  O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, ven de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Podédela atopar na seguinte dirección web: iesmelide-madera.com.

24 DE FEBREIRO DE 2021. DÍA DE ROSALÍA

Máis vídeos sobre a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Nin as máscaras puideron impedir que lle rendésemos homenaxe, un ano máis, á Nai da nosa lingua.

 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos, como non podía ser doutro xeito, o Día de Rosalía de Castro no IES de Melide, celebramos a Poeta do XIX que escribiu na nosa lingua, que cantou as penurias da emigración, a soidade das viúvas, que lle puxo verbas á nosa morriña, que debuxou o paraíso de Galiza con versos, despedindo ríos e fontes, que deu voz ás mulleres silenciadas... a Poeta que celebramos dende hai anos nos centros de ensino. 

 Aínda que hoxe as mascariñas non desvelen os nosos sorrisos, non serán unha negra sombra que nos asombre este día... ahí queda unha fermosa mostra das cousas fermosas que pode facer xente fermosa cos fermosos versos que escribiu Rosalía de Castro. Feliz día!!!

Máis vídeos  

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido