ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Iníciase o proceso de admisión do alumnado de nova incorporación ao centro.

As solicitudes do alumnado procedente de centros adscritos tramítanse a través do centro no que se está matriculado este curso.

A listaxe de alumnado admitido publicarase o vindeiro 25 de febreiro.

O alumando que vai permanecer no centro educativo no debe presentar solicitude. En caso de cambiarse de centro, ten que presentar a solicitude de reserva no centro no que se quere matricular para o vindeiro curso.

Máis información na páxina da Consellería de Educación

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO: Para alumnado con 17 anos ou que os faga no ano da proba (2022), que non cumpran requisitos de acceso ao grao medio. 

- Prazo de solicitude: do 3 ao 16 de marzo

- Partes da proba: 

      PARTE SOCIOLLINGÜÍSTICA: Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Sociais

        PARTE MATEMÁTICA: Matemáticas

        PARTE CIENTÍFICO- TÉCNICA: Ciencas da natureza, Tecnoloxía

PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR: Para alumnado con 19 anos ou que os faga no ano da proba (2022) e que non cumpran os requisitos de acceso ao grao superior. 

- Prazo de solicitude: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro

- Partes da proba:

       PARTE COMÚN: Lingua Castelá, Lingua Galega,  Matemáticas

        PARTE ESPECÍFICA: A) Economía da Empresa, Lingua Estranxeira e Filosofía

                                      B) Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física

                                      C) Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía

Para máis información deixamos aquí a orde da convocatoria : 

PROBAS DE ACCESO A GM E GS

 

 

O DÍA DO PEÓN NOS RECREOS INCLUSIVOS

 Este curso celebramos o Día do Peón, como ven sendo tradición no IES de Melide, e contamos coa participación do alumnado de 1º de ESO, entre os que había expertos e expertas xogadoras con habilidades extraordinarias para facer bailar os peóns que se repartiron entre os alumnos e alumnas do primeiro curso. Enmarcamos a actividade no programa de Recreos inclusivos que estamos a desenvolver este curso e que busca a integración do alumnado novo e a promoción dos xogos populares no ámbito escolar. 

ENQUISA ALUMNADO

Como paso previo para a elaboración do Plan Dixital de Centro, tanto alumnado como profesorado ten que elaborar unha enquisa sobre o manexo das tecnoloxías dixitais.

O alumnado realizará a enquisa en horas de clase acompañado por un profesor entre os días 1 e 3 de decembro.

 

1º Premio Ciclo de Madeira

Ciclo de Madeira do IES de Melide 

1º PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA 2021

 

O Departamento de Madeira do IES de Melide acaba de recibir o 1º premio de boas prácticas de educación inclusiva 2021. No traballo obxecto do premio, o departamento de madeira recompilou os vocablos máis empregados nas aulas e realizou o glorasio de Linguaxe de Signos coa finalidade de facilitar a inclusión no ámbito educativo do alumnado con discapacidade auditiva.

 Glosario

Este glosario leva asociado un gran traballo de investigación que se desenvolveu grazas á colaboración do Ciclo de Madeira do IES de Melide co departamento de Lingua Galega e á intérprete de signos Lola Corzo García. Traballo que trascende ademáis o ámbito do ensino, pois foi moi ben recibido polo sector produtivo, pois ata o de agora non había ningunha recompilación de vocablos deste sector na Linguaxe de Signos e facilita a incorporación ó sector de persoas con discapacidade auditiva.

PARABÉNS 

https://www.observatoriodalingua.gal/gl/actualidade/nova/un-glosario-dixital-en-lingua-de-signos-sobre-carpinteria-realizado-polo-ies-de

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/melide/2022/01/08/distinguen-glosario-signos-ciclo-madera-melide/0003_202201S8C8991.htm

https://www.elcorreogallego.es/galicia/oito-centros-de-ensinanza-galegos-reconecidos-pola-sua-educacion-inclusiva-JE10144915

ENTREGA MÁSCARAS ALUMNADO

o pasado 12 de novembro publicouse en DOG a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras  entre o alumnado do centro.

-NON TEN QUE FACER SOLICITUDE: alumnado que tivo dereito a axuda de material escolar este curso.

-SI TEN QUE FACER A SOLICITUDE: familias alumnado que por distintas circunstancias quedaran fóra desta axuda e cumpran algunha das seguintes condicións:

  • Renta per cápita menos 6000 €/ano.
  • Alumnado matriculado en educación especial
  • Alumnado suxeito tutela Xunta Galicia.
  • Alumnado grao discapacidade maior 65%

PRAZO PARA FACER SOLICITUDE DENDE O 15 DE NOVEMBRO ATA O 26 DE NOVEMBRO INCLUÍDOS

POXA ANUAL DE MOBLES DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE

 O Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide pon en marcha un ano máis a poxa anual de mobles. Poden consultarse a continuación os mobles que saen a subasta no seguinte catálogo:

CATÁLOGO POXA MOBLES CURSO 2021-22

PRESENTACIÓN POXA

OBSERVACIÓN ESTRELAS

Se queres coñecer a relación entre a astronomía e a mitoloxía clásica, pincha nesta ligazón.

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido