DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS

Publicado, por parte da Dirección Xeral de Saúde püblica, as directrices sobro o uso de máscaras no ámbito educativos.

Recoméndase o uso da máscara nos seguintes casos:

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
  • Persoas traballadoras.
  • Visitas cando estean en zonas compartidas.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

MÁIS INFORMACIÓN   

RECORDATORIO PRAZO SOLICITUDE BECAS

Lembrámosvos que o vindeiro 12 de maio remata o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas de estudos de CONVOCATORIA XERAL do curso 2022/2023.

Estas BOLSAS pódenas solicitar os/as alumnos/as que para o vindeiro curso 2022/2023 estén matriculados/as nos seguintes estudos:

  • Primeiro e segundo curso de bacharelato.
  • Formación profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
  • Ensinanzas artísticas profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores
  • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso a ciclos formativos de grao medio e superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.
  •  Ciclos formativos de grao básico

MÁIS INFORMACIÓN   

Ecovisita á Casa Grande de Xanceda

O alumnado de 4º de ESO das materias Iniciación á actividade emprendedora e empresarial e de Ciencias aplicadas á actividade profesional, visitaron a Granxa Ecolóxica Casa Grande de Xanceda para coñecer o seu sistema de produción e os seus produtos elaborados sin aditivos, pesticidas nin abonos químicos. Foi un ECOVISITA moi interesante!!

PRIMAVERA XOVE

Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.

MÁIS INFORMACIÓN

 

PRAZO SOLICITUDE BECAS

PRAZO PARA SOLICITAR BECAS DO 30 MARZO AO 12 MAIO (baremación económica)

Todo o alumnado que estando no curso actual matriculado en 4º ESO, 2º BAC ou no último curso de FP-básica ou CM, que teña pensado continuar os seus estudos no curso 22/23 tamén debe facer agora a solicitude de BECA, despois poderase facer calquera modificación de tipo académico.

Semana da Poesía

  Durante unha semana do mes de marzo e para conmemorar o Día da Poesía, realizamos durante os recreos un recital poético no que participou alumnado de todos os cursos do IES. Léronse e recitáronse versos de moi diversos autores e en todas as linguas presentes no instituto. Páxinas de Pessoa, Rosalía, Machado, Shakespeare...foron disfutados polo auditorio; poemas en rumano, árabe ou francés, acompañados por lingua de signos, foron lidos e aplaudidos por un público atento. Os  participates ao rematar, levaron un agasallo como recordo destas xornadas.

Prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023

Coa publicación do Real Decreto 154/2022, adiántanse os prazos para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023. 

Tradicionalmente, esta convocatoria publicábase no mes de agosto. Nesta ocasión, e para axilizar os trámites, hai un cambio no prazo de solicitude , pasando a ser do  30 de marzo ao 14 de maio. 

Dende a páxina web do centro informaremos do procedemento unha vez aberto o prazo de inscrición. 

Para máis información pódese consutar a seguinte dirección.

Remata o I Campionato de Ping Pong do Ies de Melide

Despois de máis dun mes de campionato, onde alumnos, alumnas e profesorado demostraron o seu dominio das raquetas, damos por finalizado o Torneo. 

Foron moitos recreos de emocións e competición onde aprendemos a compartir e a xogar con deportividade.

Parabéns os gañadores!! Vémonos no seguinte!

                           

                                                 Público animando aos finalistas            

 

                            

      Caimpión e subcampión cos trofeos                                     Cuarto e terceiro posto

USO DAS MÁSCARAS NO PATIO

As Consellerías de Sanidade e Educación publicaron o pasado venres 18 pola tarde un comunicado no que anuncian o acordo de deixar de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos, polo que:

  • O uso da máscara no patio do centro pasa a ser voluntario.
  • O uso da máscara dentro do centro educativo segue a ser obrigatorio.
  • Recoméndase que o alumnado leve ou un recipiente que lle permita gardar a máscara en caso de que a quite no patio ou algún mecanismo que lle permita tela colgada e volver a poñer facilmente no momento en que entre no recinto escolar.

Ligazón ao comunicado da Consellería  

DÍA DA MULLER NO IES DE MELIDE

 Hoxe 8 de marzo celebramos o Día da muller coa entrega de máscaras de cor violeta a todo o alumnado para visibilizar esta xornada. O alumnado de 2º de Bacharelato foi o encargado de facer no recreo unha representación coa lectura de textos alusivos a situacións ás que se enfrontan as mulleres no día a día, rematando con unha lembranza homenaxe ás mulleres ucraínas neste día.

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido