CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2021

 CALENDARIO ESO

CALENDARIO BAC

 CALENDARIO FPBÁSICA

CALENDARIO ESA

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Tedes no arquivo adxunto o listado dos libros de texto para o curso 2021/22

-LISTADO LIBROS DE TEXTO

ENTREGA NOTAS E DATAS MATRÍCULA

A entrega de notas da avaliación final ordinaria terá lugar o día 24 de xuño ás 11:00h. A entrada do alumando será pola mesma porta que leva utilizando ao longo do curso. A matrícula realizarase do 1 ao 9 de xullo nos días que se indican no documento adxunto.

MÁIS INFORMACIÓN 

EXPOSICIÓN CERTAME FOTOGRÁFICO

Xa para rematar o curso nos corredores do IES fixemos unha exposición coas fotografías que alumnado, persoal docente e non docente enviou durante o mes de abril ó certame fotográfico organizado polo centro. Graciñas a todos os participantes por achegar as vosas imaxes e así poder compatir co resto do centro educativo e os socios do proxecto Erasmus+ os nosos ríos e os seus ecosistemas.

 

ALUMNADO 2º DE BAC. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Achegamos información dirixida ao alumnado de 2º de BAC que acada o título na convocatoria extraordinaria en relación á solicitude do título de bacharelato e á ABAU 2021. 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Requisitos/Condicións:

  • Ter cursado 4º da ESO no curso 2020-2021
  • Ter unha nota media na etapa da ESO igual ou superior a 9, 00 puntos.
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial, o día 9 de setembro de 2021, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias obxecto de avaliación.

Prazo: ata o 6 de xullo de 2021. 

Características: 20 premios de 800 euros. 

Para máis información aquí.

PARABÉNS AOS PREMIADOS

  O alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO C, ven de acadar o accésit do concurso de podcast "A máscara que inspira", organizado pola Sociedade española de estudios clásicos (SEEC) e que será entregado o vindeiro día 22 en Santiago de Compostela.

  Parabéns tamén á alumna de 2º BAC, Sara Sánchez Blanco, que acaba de ser galardoada co 3º premio, dentro da súa categoría, no IV certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz", convocado polos concellos de Riotorto e Meira, e pola Asociación Cultural "Avelino Díaz". O título do poema premiado é "Chuvia".

 

DESPEDIDA DE 2º BACHARELATO

  Despois un ano duro e de moito esforzo, queremos felicitar á promoción do 2021 de 2º Bacharelato, por ter percorrido este camiño xuntos no IES de Melide. A súa pegada forma parte xa do acervo sentimental que se completa curso tras curso formando a historia do instituto.

 Queremos comunicarvos que o vídeo do acto de graduación estará colgado no Twich durante unha semana, despois da cal procederase á súa retirada. As fotos do acto, xunto coas fotos individuais da orla, poderedes descargalas dende unha ligazón que recibiredes ao longo da vindeira semana.

 Parabéns e moito éxito!

DEVOLUCIÓN LIBROS DA ANPA

Comunicamos o procedemento para a recollida dos libros da  ANPA "Terra de Melide" que nos trasladan os seus responsables.

  • Días para entregar os libros de texto: 21 e 22 de xuño
  • Procedemento:
    • o alumando levará os libros de texto do ANPA ao instituto, nunha bolsa pechada e identificada pola parte de fóra co NOME, APELIDOS E CURSO.
    • Non mesturar os libros de texto de varios nenos nunha única bolsa. UNHA BOLSA POR NENO/A.
    • A bolsa deixaranna enriba do pupitre ás 14:15h, logo será recollida e entregada ós respondables do ANPA.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Comunícase a apertura do prazo para solicitar axudas ó fondo de libros e de material escolar.

  • Prazo para presentar as solicitudes: ata 22 de xuño (incluído).

  • Lugar de presentación: preferiblemente a través de sede electrónica da xunta, tamén pode facerse presencialmente no centro (solicite cita previa:881866109).

  • Formulario de solicitude: pode descargalo AQUÍ . Tamén está disponible na aplicación fondodelibros  e na sede electrónica.

  • Procedemento:

    • Cubrir solicitude (anexo I e II) en formato papel ou directamente na aplicación fondolibros.

    • Presentar esta solicitude en formato papel no centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido