CUALE 21-22: comezo das clases

As clases comezarán a vindeira semana, última de setembro, distribuidas do seguinte xeito:L


 NIVEL

DÍA

A1

Mércores 29

A2

Martes 28

B1

Mércores 29

B2

Xoves 30


 Horario de clase para todos os niveis: de 16:20 a 19:10.

 

LISTAXES MATRÍCULA CUALE - PRAZO EXTRAORDINARIO

ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DE MATRICULADOS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA.

Rematado o prazo de matrícula, hai 8 prazas sen cubrir:

CUALE A1: 1 vacante

CUALE A2: 6 vacantes

CUALE B1: 1 vacante

Abrese un prazo extraordinario o xoves 16 de setembro ata as 14:00 horas, só para alumnado pre-inscrito en xuño.

Soliciten o impreso de matrícula na secretaría do IES ou descarguen o documento adxunto, e entrégueno cuberto na secretaría.

Nos vindeiros días publicaranse as datas de inicio das clases.

INICIO CURSO ESCOLAR 2021-22 (ACTUALIZADO)

O día 15 de setembro ÁS 12:30 H iníciase a actividade lectiva do curso 2021-22.

  • Ás 12:30 terá lugar a presentación de todo o alumnado, no caso de que as familias non podan achegar aos alumnos e alumnas ás 12:30, haberá servizo de transporte escolar nos horarios habituais (entrada no centro ás 8.30 e saída ás 14:15). O alumnado que chege á 1ª hora estará realizando diferentes actividades con profesorado do centro.
  • O alumnado deberá dirixirse á porta de acceso ao centro en función da aula que teña asignada e que aparecerá nos listados de grupo. 
  • As listaxes de grupos publicaranse o luns 13 de setembro ás 14:00h na porta do centro.

O día 16 de setembro haberá clases en horario habitual, de 8:40h a 14:15h

- PORTA DE ACCESO XERAL DO ALUMNADO polo patio (entrada 2)

-Acceso ao interior do centro:

1º ESO: PORTA 5 (patio interior)

2º ESO: PORTA 1 (entrada principal)

3º ESO e 1º BAC: PORTA 2 (entrada patio interior)

4º ESO e 2º BAC: PORTA 3 (ximnasio)

FPBAS e CICLO: entrada 2 (porta 1)

 

MATRÍCULA CUALE CURSO 2021-22

Ábrese o prazo de matrícula para cursar o programa CUALE-Inglés.

PRAZO: do 6 ao 10 de setembroámbolos dous incluidos.

CÓMO FACELO: 2 opcións

  • Presencial, entregando a solicitude na secretaría do IES. Pódese descargar o documento de solicitude anexo ou pedilo na propia secretaría.

  • Online, enviando a solicitude por correo electrónico

 INSTRUCCIÓNS para o envío por correo electrónico:

  1. Descarga o arquivo PDF  "CUALE - Solicitude matrícula" que atoparás adxunto debaixo deste aviso.

  2. O arquivo é AUTOEDITABLE: enche a información requerida e garda os cambios premendo en ARCHIVO > GUARDAR. Pedirache unha carpeta donde gardalo.

  3. Envía un correo electrónico a melideinenglish@gmail.com  adxuntando o arquivo PDF cuberto e escribindo no asunto: MATRÍCULA CUALE ...... (indica o nivel no que te matriculas: A1, A2, B1 ou B2).

 

Adxudicaranse 20 prazas en cada nivel, atendendo a 2 criterios:

  1. Farase por estrita orde de chegada. 

  2. Ten preferencia o alumnado pre-inscrito en xuño. O resto do alumnado obterá praza a continuación (se houber) ata completar as 20 vacantes do seu nivel. Cando haxa máis solicitudes que prazas, abrirase unha listaxe de agarda.

Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe de admitidos, o horario de cada grupo e as datas de comezo das clases.

Convocatoria de Axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

Convocatoria de BECAS para o alumnado que cursa estudos de Bach, FP Básica e Ciclo Medio

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

DATA PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2021 PARA ALUMNADO CONFINADO

Convócase ó alumnado que por motivos médicos derivados da COVID-19 non pode realizar os exames de recuperación nas datas ordinarias (1 e 2 de setembro), o día 6 de setembro ás 9:00h na aula 107 do IES de Melide para levar a cabo as mencionadas probas. No caso de alumnado con un número elevado de exames de recuperación estableceranse os descansos oportunos ó longo do día. 

O alumnado afectado deberá de aportar a xustificación médica oportuna o día de realización do exame.

VALES MATERIAL ESCOLAR

A partir do xoves día 22 de xullo poderán pasar polo centro para recoller os vales de material escolar para o curso 2021-22. 

Horario de atención ao público de 9:00h a 14:00h.

LISTAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicadas as listas de admitidos e exculídos do fondo solidario de libros de texto no taboleiro do IES de Melide.

O prazo de reclamación remata o martes 13 de xullo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido