DÍA 2 DE NOVEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Informamos que o día 2 de novembro é un dos dous días non lectivos que solicitou o centro, remotaremos as clases, no seu horario habiltual, o martes 3 de novembro.

ENTREGA MÁSCARAS DO CONCELLO DE MELIDE

Hoxe, o Concello de Melide, fixo entrega dunha máscara reutilizable a todo o alumnado do IES de Melide.

Máscara

ESTUDO DOS NIVEIS DE CO2 NAS AULAS

Encadrado nun estudo que está a realizar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no IES de Melide realizaranse, ao longo da xornada do 27 de outubro, medicións dos niveis de COen varias aulas tipos do centro.

PUBLICADA RESOLUCIÓN DO 23 DE OUTUBRO

Xúntase a Resolución do 23 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para permitir a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.

Resolución

ADIADAS AS ELECCIÓN Ó CONSELLO ESCOLAR

Segundo está recollido na RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos publicada no día de onte no portal educativo da Consellería e que será publicado no DOG.

Nesa Resolución non se establece unha nova data para a renovación dos consellos escolares e indica que a forma de cubrir as vacantes existentes: "Para dar cobertura ás vacantes que se puidesen ter producido ata a celebración das eleccións para a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar seguirase o establecido no artigo 55 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario".

GLOSARIO CARPINTARIA LSE

No seguinte enlace figura o glosario de carpintaría de LSE realizado no IES de Melide durante o curso académico 2019-2020.

 

HORARIOS CURSO2020-21-MODIFICADOS!!

Premendo na seguinte ligazón podedes consultar os horarios de cada grupo.

LIGAZÓN HORARIOS.

CUALE: Comezo das clases

 O alumnado que solicitou matrícula no programa CUALE en calquera das súas modalidades xa foi notificado por correo electrónico se ten praza concedida ou se está en lista de espera. En caso de non ter recibido notificación, foi por non ter entregada a solicitude en prazo ou sen datos (solicitude en branco).

COMEZO DAS CLASES:

  • CUALE A1: martes 29, 16:20 h.
  • CUALE A2: mércores 30, 16:20 h.
  • CUALE B1: xoves 1, 16:20 h
  • CUALE B2: luns 28, 18:20 h.

Todos os niveis impartiranse na AULA 109 (planta baixa).

APERTURA CAFETERÍA

A cafetería do centro abrirá a partir do uns dia 28 de setembro, no seu horario habitual. 

PRAZO EXTRAORDINARIO FONDO LIBROS

Ábrese un prazo extraordinario para solicitar libros de texto do curso 2020/21, para aquel alumnado que non solicitou  o fondo solidario de libros de texto no prazo regulamentario ou non tivese dereito a dito fondo.

As persoas interesadas poderán cubrir a solicitude na secretaría e dirixila á dirección do centro. O préstamo de libros está condicionado ás existencias dispoñibles no centro.

PRAZO DE SOLICITUDES ATA 30 SETEMBRO ÁS 14:00H

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido