RECOLLIDA VALES FONDO DE LIBROS

Pódese pasar pola administración do centro a recoller os vales do fondo de libros do curso 2020/21 en horario de 9h a 14h

ACTO RECOÑECEMENTO MELLORES EXPEDIENTES

Dende o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  organízase un curso máis o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia. Neste curso, e dadas as circunstancias actuais, asistirán presencialmente os 20 mellores estudantes acompañados polos seus familiares máis cercanos. 

Para o resto de “mellores expedientes”,  envióuselles unha mensaxe pedíndolles unha fotografía, para así poder nomealos no acto ao mesmo tempo que se proxecta a súa imaxe.

A dirección da canle de youtube da USC, na que se pdoerá ver a ligazón para conectarse ao acto a partir da 16:30h. dese día 23 de xullo, é a seguinte:

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC

Tamén podes conectar a través do Enlace para  Directos  do canle YouTube da USC  (só para Navegador) :

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live

Revisión das cualificacións da ABAU + Subir nota + Acceso á Universidade en Galicia

Compartimos un pequeno resumo sobre os procedementos de revisión de cualificación  e de subir nota nas ABAU. 

Asemade, podedes ver aquí un vídeo explicativo sobre o acceso á Universidade en Galicia. 

PUBLICADOS CRITERIOS AVALIACIÓN ABAU

Podedes consultar os exames e os criterios de avaliación das probas ABAU 2020 na seguinte ligazón:

EXAMES E CRITERIOS AVALIACIÓN    

ORIENTACIÓN VIRTUAL NA USC E UDC

Achegamos os enlaces ás Xornada Virtuais de Orientación da USC e ás Xornadas de Portas Abertas Virtuais da UDC que se celebran o 14 e o 15 de xullo de 2020. 

Admisión a FP. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a CF de FP. 

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.

A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude).

Máis información

NOVAS INSTRUCIÓNS ABAU 2020

O responsable da comisión delegada correspondente ao noso centro acaba de comunicarnos unhas instrucións a maiores das xa dadas anteriormente e a ter en conta para os días dos exames.

Ver instrucións

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ACCESO A CICLOS DE FP_ CURSO 2020/2021

Achégase o documento onde se detallan os prazos para a admisión e a matrícula dos Ciclos Formativos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2020/2021. 

A presentación de solicitudes abrangue dende o 25 de Xuño ás 9.00 h ata o 8 de xullo ás 13.00 h.

Realízase a través da seguinte aplicación web: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ , e debedes entregar o impreso de solicitude que se xera, no prazo indicado, en calquera Centro Educativo de Galicia con oferta de FP (recomendable solicitar cita previa). 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido