RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO, SOBRES DE MATRÍCULA E ENTREGA DE NOTAS

No documento que tedes enlazado a continuación podedes consultar as datas para a entrega dos libros de texto, sobres de matrícula, boletín de notas e datas para formalizar a matrícula.

LIGAZÓN AO DOCUMENTO    

IES DE MELIDE NA TVG

Onte o IES de Melide saiu nunha reportaxe emitida na CRTVG: "O golpe do virus nas aulas"

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-sol-sae-para-tod-s-11-4447326

ENQUISA VALORACIÓN DO 3º TRIMESTRE

A piques de rematar o curso, solicitamos ao alumnado que cubra a enquisa que tedes enlazada a continuación. O prazo remata o mércores 17 de xullo ás 12:00h.

Acceso á enquisa   

ACTIVIDADE "OS POLÍMEROS NAS NOSAS VIDAS"

Unha das actividades previstas dentro do Plan Proxecta Escolas Verdes era continuar co proxecto iniciado o curso anterior dende os departamentos de Tecnoloxía e Física e Química sobre os distintos materiais poliméricos, a posibilidade de reciclaxe dos mesmos e os microplásticos.

Coa aparición do COVID-19 e a suspensión das clases presenciais esta actividade, proposta para o terceiro trimestre, tivo que ser abordada dende unha metodoloxía diferente á planificada inicialmente debido á dificultade de traballar conxuntamente e a distancia alumnado de diferentes niveis e materias e  profesorado de diferentes departamentos didácticos. Aínda así, non quixemos deixar de traballar esta temática e dado que os resultados das investgacións do alumnado non poden ser expostos nos corredores do IES, quixemos facelos visibles a través deste medio tratando de conseguir o obxetivo inicial: concienciar sobre a nacesidade de reducir os materiais plásticos.

O alumnado de 3º de ESO abordou, dende a materia de Tecnoloxía, a presenza de materiais plásticos nas nosas vidas así como a importancia da súa separación e posibilidades de reciclaxe. O alumno Lucas García elaborou una lámina sintetizando os procesos de separación, identificación e clasificación e posterior reciclaxe de materiais plásticos.

O alumnado de 2º de Bacharelato realizou pequenas investigacións sobre "Os materiais poliméricos" a partir dunhes contidos básicos sobre polímeros dende a materia de Química. Os resultados destas investigacións foron presentadas es diferentes formatos: dende póster, ata vídeo pasando por traballos artísticos.

O alumno Vicente Parrado, creou unha "Orquestra polimérica": unha peza musical (adaptación propia da xota Churrusqueira de Enrique García Rey)  feita con diferentes materiais poliméricos, algúns deles de elaboración propia. A esa orquestra adxuntou un estudo sobre a natureza e características de cada un dos materiais poliméricos empregados para a peza musical.

 

A alumna Carla Rivadulla fixo unha investigación sobre un polímero en particular: o poliuretano. Estudou a súa obtención química así como as súas propiedades e aplicacións, unha delas na propia contorna: nunha fábrica de colchóns de Melide. Os resultados da súa invetsigación presentounos no seguinte vídeo:

Lucía Iglesias fixo unha investigación sobre os materiais poliméricos e a súa problemática ambiental e achegou unha posibilidade xa en uso como posible susutituto dos materiais plásticos. Presentou os seus resultados nunha presentación en drive

 

Diego Pumar abordou a reciclaxe de materiais poliméricos na nosa Comunidade a través de entrevistas á Conselleira de Medio Ambiente e ó Director Xeral de Sogama.

As alumnas Sabela Cabado, María Fuciños e Laura Cabo estudaron a síntese química, estructura molecular, propiedades físicas e químicas, as aplicacións e as posibilidades de reciclaxe do polipropileno, polietilentereftalato e do polietileno respectivamente. Presentaron os resultados das súas investigacións en formato póster.

 

A alumna Elisa Pampín elaborou unha maqueta representando a estructura do PVC, ademáis dunha pequena investigación sobre as características físicas e químicas deste polímero e as súas aplicacións.

TAREFAS-12 MATERIAS XEOGRAFÍA E Hª ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )15-19 XUÑO

Tras comunicación da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia das Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,  para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , e a Resolución, do 22-05-2020, da Consellería de Educación,  pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería. As actividades consistirán no seguinte :

   Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

    En base a estas instruccións fixemos unha adaptación da programación das materias do Departamento de Xeografía e Historia ( criterios de avalación, metodoloxía, criterios de cualificación, etc), que se pode consultar no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmelide/node/583  

Facemos  as últimas actividades da 3ª Avaliación para semana 15-19 de xuño. Cada un o seu ritmo, pero dentro da semana. Boas vacacións

BIBLIOTECA - EMPRÉSTITOS DE VERÁN

Se desexas aproveitar o verán para ler todo o que non puideches durante o curso por falta de tempo, fai xa o teu pedido!!

É moi sinxelo: vai a este formulario e segue as instruccións.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATARÁ O XOVES 18 DE XUÑO.

Poderedes recoller os vosos pedidos no IES os días 25 e 26 de xuño.

 FELICES LECTURAS  Guay

"Os libros son unha incomparable maxia portátil" (Stephen King)

TRABALLO DURANTE O CONFINAMENTO PARA VISIBILIZAR O PROXECTO

Dado que o confinamento debido ó COVID-19 forzou a cancelación das saídas ó río Martagona que permitirían continuar coa investigación científica ligada ó proxecto LivingRiver, o alumnado de 1º de Bacharelato creou diversos materiais que permitisen visibilizar o proxecto e o seu traballo, así como contribuir con un dos obxectivos de LivingRiver: concienciar á comunidade da importancia dos ríos.

Teresa Ron elaborou un cartaz resumindo as etapas do método científco levado a cabo na parte bioquímica do proxecto.

 

 

Lara Méndez creou unha presentación en prezi con ilustracións elaboradas por ela mesma na que se pon de manifesto a importancia dos ríos concretando nos ríos da contorna. Ademáis nun vídeo sintetizou en qué consiste o proxecto LivingRiver e o traballo levado a cabo dende o IES.

  

Marta Mosquera elaborou un cartaz con ilustracións dos ríos da contorna no que se inclúen noticias de prensa que versan sobre os mesmos así como as iniciativas actuais que promoven o coidado dos nosos ríos, como é o caso de LivingRiver.

 

Carla Blanco empregou genial.ly para elaborar unha presentación sobre o proxecto LivingRiver e os ríos da contorma, en concreto o río Martagona onde se levou a cabo a nosa investigación.

 

Antía Berredo estivo preto do río Ulla durante o confinamento así que decidiu amosar a riqueza bioquímica do mesmo e achegar parte da súa historia a través de diferentes noticias de prensa ó longo dos anos. Para isto elaborou unha presentación empregando a plataforma genial.ly. 

TAREFAS-11 MATERIAS XEOGRAFÍA E Hª ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )8-12 XUÑO

Tras comunicación da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia das Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,  para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , e a Resolución, do 22-05-2020, da Consellería de Educación,  pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería. As actividades consistirán no seguinte :

   Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

    En base a estas instruccións fixemos unha adaptación da programación das materias do Departamento de Xeografía e Historia ( criterios de avalación, metodoloxía, criterios de cualificación, etc), que se pode consultar no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmelide/node/583  

Facemos  unhas actividades da 3ª Avaliación para semana 8-12 de xuño. Cada un o seu ritmo, pero dentro da semana

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BAC

Deixamos a continuación un calendario onde se indican datas de interese para o alumnado de 2º BAC: entrega de notas, reclamacións, conferencia telemática ABAU e procedemento matríclua ABAU.

-CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BAC     -PRAZOS E INSTRUCIÓNS MATRÍCULA ABAU

- HORARIO PREPARACIÓN ABAU

-LISTADO ASISTENCIA PREPARACIÓN ABAU

CHARLAS ORIENTACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL

Ao longo destas semanas o departamento de orientación realizará as sesións de orientación académico profesional para o alumnado do centro. A continuación enlazamos horario, as presentacións de cada curso e as guías das materias troncais e optativas

horario

Información 2º ESO   información 3º ESO   información 4º ESO   Información 1º BAC

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido