PUBLICADOS CRITERIOS AVALIACIÓN ABAU

Podedes consultar os exames e os criterios de avaliación das probas ABAU 2020 na seguinte ligazón:

EXAMES E CRITERIOS AVALIACIÓN    

ORIENTACIÓN VIRTUAL NA USC E UDC

Achegamos os enlaces ás Xornada Virtuais de Orientación da USC e ás Xornadas de Portas Abertas Virtuais da UDC que se celebran o 14 e o 15 de xullo de 2020. 

Admisión a FP. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes de admisión a CF de FP. 

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.

A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude).

Máis información

NOVAS INSTRUCIÓNS ABAU 2020

O responsable da comisión delegada correspondente ao noso centro acaba de comunicarnos unhas instrucións a maiores das xa dadas anteriormente e a ter en conta para os días dos exames.

Ver instrucións

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ACCESO A CICLOS DE FP_ CURSO 2020/2021

Achégase o documento onde se detallan os prazos para a admisión e a matrícula dos Ciclos Formativos de Formación Profesional para o vindeiro curso 2020/2021. 

A presentación de solicitudes abrangue dende o 25 de Xuño ás 9.00 h ata o 8 de xullo ás 13.00 h.

Realízase a través da seguinte aplicación web: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/ , e debedes entregar o impreso de solicitude que se xera, no prazo indicado, en calquera Centro Educativo de Galicia con oferta de FP (recomendable solicitar cita previa). 

 

TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.4]

 Chega o capítulo final de  

"Microteatro para unha corentena"

Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.

Microteatro en 30 segundos da man do alumnado de Artes escénicas. Hoxe por partida triple, despedimos esta serie de intervencións teatrais desde a casa coa orixinalidade e creatividade de Pablo, a frescura e o xenio de Raquel e a ironía e perspicacia de Nico.

A aula de Artes escénicas do IES de Melide desexamos que teñades un bo verán. Gozade deste capítulo e... Que siga o espectáculo!

 

TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.3]

Hoxe, no capítulo 3 de 

"Microteatro para unha corentena"

Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.

O optimismo e bo humor chegan da man dun home que é a alegría das clases,  Hector, e a reflexión, a delicadeza e a cordialidade chegan da man de Paula, unha muller de corazón xeneroso.

Sen máis, goza do espectáculo de hoxe.

 

DOAZÓN DE XEL HIDROALCOHÓLICO

Hoxe día 25 de xuño recibimos no IES de Melide unha doazón de xel hidroalcohólico por parte de Bioetanol Galicia S.A., que conta cunha planta de produción de bioetanol en Teixeiro. Graciñas pola vosa aportación!

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido