INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Bioloxía e Xeoloxía

Programa RECREOS RESIDUOS CERO 4º ESO

Este curso foi 4º de ESO quen  esencialmente participou no programa de redución de residuos no recreo. Teachers for Future recoñécenolo co diploma que recibimos estes últimos días. Trátase dun programa auspiciado polo Ministerio de Transición Ecolóxica no que o noso Instituto leva participando ó longo dos tres últimos anos.

Teachers For Future Spain ten homólogos noutros países, ademais de manter contactos bilaterais e participar en grupos de comunicación, está a tentar crear unha rede de traballo. O obxectivo é compartir boas prácticas e establecer liñas de actuación comúns.

Visita dos alumnos de 1º ESO ó Museo de Historia Natural

Como xa é costume, e se está convertendo en tradición, os alumnos do primeiro nivel de ensino secundario obrigatorio visitaron o MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC o trinta de maio do presente curso 22-23.

Trátase dunha actividade complementaria na que, acompañados por un cuestionario que lles guía, van repasando as distintas seccións do museo. Axéitase perfectamente ós contidos do seu curso, de Bioloxía e Xeoloxía e  ademais lles permite identificar especies animais e mostras litolóxicas moi propias da nosa comunidade galega. Con todo, as estrelas son os animais mais exóticos dos diferentes continentes, como canguros, leóns, osos e outros feroces espécimes.

Tamén, como é costume cando realizamos algunha visita extraescolar, fomos felicitados polo comportamento do alumnado. Como anécdota, o garda de seguridade acabou colaborando con eles cumprimentando o seu caderno de traballo. Mil gracias desde aquí ó persoal do MHN e parabéns á nosa rapazada.

Eureka!!!

Non é doado. É unha pura casualidade, pero ás veces temos a sorte de atopar un novo antibiótico que, quen sabe? Pode ser a solución natural fronte ás infeccións, tan correntes  na actualidade, producidas por microorganismos que desenvolveron cepas resistentes ás medicacións que se viñan utilizando ata a actualidade.

No marco da participación do noso grupo de Bioloxía de 1º de Bacharelato no proxecto de carácter mundial Small World Initiative, foi Yaiza Taboada a alumna que aportou a mostra e illou o microorganismo que resultou ser a nosa estrela de cine. Incluirase no banco de antibióticos atopados en todo o mundo coa idea de ser utilizado contra bacterias infecciosas de carácter común. E… Quizais poda chegar a salvar vidas.

MicroMundo é a rama española dos proxectos internacionais Tiny Earth (2018, Wisconsin Institute for Discovery) e Small World Initiative (SWI; Yale University, 2012) creados polo equipo da Dra. Jo Handelsman en EEUU, onde alcanzaron un gran éxito. O seu obxectivo é achegar a cultura científica e a investigación biomédica a novos estudantes para fomentar a vocación investigadora. Para iso utiliza unha estratexia de “crowdsourcing” dirixida ao descubrimento de novos antibióticos. A formulación experimental é idéntica ao soado achado casual da penicilina por Alexander Fleming, aínda que de maneira dirixida e participativa. O crowdsourcing implica a externalización de tarefas a cargo dun grupo numeroso de persoas voluntarias ou unha comunidade, a través dunha convocatoria aberta. 

Visita a Sotavento

Os alumnos de CLIMÁNTICA de 2º de ESO desfrutaron dunha xornada formativa extraescolar realmente interesante e á vez entretida. Visitouse o Parque Eólico Experimental de Sotavento onde se nos abriron os ollos a moitos detalles do consumo de enerxía que descoñeciamos .

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, parece indicado tratar de tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable. Nesta liña, o Proxecto Divulgativo de Sotavento pretende unha Educación Ambiental de calidade, interpretando o devandito concepto como a Didáctica a través da cal os estudantes toman conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. Sempre encamiñado a crear un compromiso individual de participación social, entendemos, como así se promulga dende a Unión Europea, que a Educación Ambiental é un elemento clave para o futuro do planeta.

Se queredes ver as fotos do día, podedes cliclar no seguinte link: Fotos

 


 

 

 

Obradoiro "Emerxencia Climática"

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

 O nosos grupos de 2º de ESO, dentro da programación da materia de CLIMÁNTICA, están a participar nas actividades deseñadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica, no ciclo de actividades de LOITA CONTA A EMERXENCIA CLIMÁTICA.

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.

Obxectivos específicos

  • Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
  • Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar de contado.
  • Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.

As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte construtiva e emocional ten unha grande importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos. Con este fin, utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

    Primeira sesión: (17 e 18 de abril do 2023)

        Actividade no centro educativo sobre a problemática da emerxencia climática. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.

    Segunda sesión: (24 e 25 de abril de 2023)

        Obradoiro sobre a pegada ecolóxica, onde cada alumno/a calculará a súa pegada mediante un sinxelo test onde recollerán datos sobre a súa vida cotiá,  farase un debate en base aos resultados obtidos por cada un e poñerase en valor a importancia de minimizala.

Proxecto Micromundo

O IES LAMAS DE ABADE ven de ser seleccionado para participar no proxecto MICROMUNDO  da Universidade Complutense de Madrid.

MicroMundo é un proxecto de CIENCIA CIDADÁ para DESCUBRIR novos antibióticos e fomentar a cultura científica. Trátase da rama española dos proxectos internacionais Tiny Earth (2018, Wisconsin Institute for Discovery) e Small World Initiative (SWI; Yale University, 2012) creados polo equipo da Dra. Jo Handelsman en EEUU, onde alcanzaron un gran éxito. O seu obxectivo é achegar a cultura científica e a investigación biomédica a novos estudantes para fomentar a vocación investigadora. Para iso utiliza unha estratexia de “crowdsourcing” dirixida ao descubrimento de novos antibióticos. A formulación experimental é idéntica ao soado achado casual da penicilina por Alexander Fleming, aínda que de maneira dirixida e participativa. O crowdsourcing implica a externalización de tarefas a cargo dun grupo numeroso de persoas voluntarias ou unha comunidade, a través dunha convocatoria aberta.

Na UCM, traballa no proxecto desde 2016 de maneira pioneira en Europa. Se participa no marco de proxectos de Innovación e mellora da Calidade Docente (INNOVA-Docencia UCM 2016/40 e 2017/265) como SWI@UCM e SWI@UCM2.0. En 2018 o proxecto recibiu unha subvención da FECyT. Nos cursos curso 2019-20 e 2020-21, MICROMUNDO@UCM realízouse como proxecto de ApS dentro da convocatoria da UCM e conta co apoio do Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos (PRAN) e o mecenado da compañía MSD.

A comunidade MICROMUNDO@UCM está constituída por estudantes de Centros de Ensino Secundario e Bacharelato da Comunidad de Madrid e outras, e na súa tutorización participan alumnos de Grao e Máster da UCM. A súa tarefa conxunta é descubrir, a partir de mostras locais de chan seleccionadas por eles mesmos, novos microorganismos, así como avaliar o seu potencial para a produción de novos antibióticos. No curso 2018-19, 26 centros educativos recibiron a visita de 184 estudantes UCM. En total, máis de 500 estudantes de ESO e Bacharelatos participan anualmente no proxecto na Comunidad de Madrid, procesando máis de 250 mostras de chan e illando decenas de microorganismos con bioactividad antibiótica. Durante os cursos 2019-20 e 2020-21, o escenario pandémico COVID-19 obrigou a trasladar moitas actividades MicroMundo á contorna virtual, desde onde enfocamos á divulgación da resistencia a antibióticos nun contexto de Saúde Global. Un total de 21 institutos e Colexios da Comunidad de Madrid traballan cos equipos MicroMundo na actualidade.

Desde a Sociedade Española de Microbiología (SEM), coordinamos a rede MicroMundo na que participan de maneira coordinada case trinta Universidades e Institutos de Investigación de toda a Península Ibérica, incluíndo as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Autónoma de Barcelona, Miguel Hernández (Alacante), Navarra, Castela-A Mancha, Santander, Salamanca, Valencia, Zaragoza, CEU Cardeal Herrera, León, Illas Baleares, a Rioxa, Murcia, Sevilla. Granada, Xaén e O Porto, entre outras.

Son un total de tres os Institutos de Ensino Secundario que colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela e, no noso caso serán os alumnos de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias da Terra de 1º de Bacharelato os que van ter a ocasión de participar neste interesante proxecto.

Obradoiro Lixo Mariño en 4º da ESO

PEQUENOS XESTOS QUE IMPLICAN UNHA GRAN SOLUCIÓN. O LIXO MARIÑO (PROGRAMA PARA UNHA TRANSICIÓN ECOLÓXICA)

Vense de celebrar para os nosos alumnos de 4º de ESO ( Dpto Bioloxía e Xeoloxía) o obradoiro sobre LIXO MARIÑO, impartido polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

A actual sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha xeración de residuos en cantidades intolerables para o noso planeta, ameazando de xeito moi intenso os ecosistemas terrestres e mariños, por non falar da saúde humana. A meirande parte dese lixo acaba por chegar ós océanos, provocando problemáticas ambientais moi graves que aínda hoxe en día pasan desapercibidas para a maioría da poboación: a súa persistencia no medio, os danos físicos en animais e plantas, os microplásticos, etc., polo que resulta imprescindible mitigalo e revertelo.

Co programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña se pretende que a comunidade escolar recoñeza estes problemas, recapacite e comprenda que con pequenos xestos no noso día a día podemos influír poderosamente na redución dos residuos que xeramos, de cara a ter un futuro sostible.

Os obxectivos específicos da nosa actividade foron

  • Identificar esta problemática e as súas causas, sendo capaz de entendela, e ollala de xeito crítico.
  • Coñecer os impactos negativos que xeran as nosas actividades cotiás na xeración de residuos.
  • Traballar e implicarse no desenvolvemento das posibles solucións que nos poden levar a unha mitigación e corrección deste grave problema ambiental.

Visita ao RIAIDT do alumnado de 2BACH de Bioloxía e Ciencias da Terra

VISITA Ó RIAIDT DOS ALUMNOS DE 2º BACHARELATO DE BIOLOXÍA E CIENCIAS DA TERRA

Os postos de traballo que han desempeñar os nosos alumnos aínda non están inventados, pero a visita a este tipo de centros pode servir para crear neles un sentimento de seguridade ante a versatilidade dos seus coñecementos actuais para poder acceder a multitude de empresas dun amplo espectro de campos de traballo.

O RIAIDT creouse como un centro onde se localizan infraestruturas de uso común cuxo servicio pode ser requirido por  algún departamento de investigación da USC  así como por outros organismos públicos e empresas privadas.


Unha das seccións que máis nos gustou foi a Área de Raios X polo modo en que nos foi presentada. Ofrece servicios de investigación en sistemas estruturados con periodicidades desde 0.5 a 1000
Å. De modo quepode servir para determinar a estrutura cristalina ou molecular dun composto ou estudios de dispersión e difracción de Raios X e reflectometría.

Nos servicios para a observación das mostras con microscopios electrónicos e confocais non so tivemos a oportunidade de comprobar como funcionan estes carísimos aparatos senón que se nos permitiu manipular, colocando as mostras, un antigo ME de  tipo analóxico.

Criterios de avaliación Bioloxía e Xeoloxía curso 22-23

Nos arquivos adxuntos pódese consultar os criterios de avaliación das distintas materias do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para o curso 2022/23

Conferencia: "A ponte entre a U.S.C. e o Ensino Secundario"

O alumnado de 4º da ESO de Xeoloxía Ambiental e de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía gozarán este xoves a partir das 10:35 da conferencia titulada: "A Ponte entre a USC e o o Ensino Secundario"

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer