INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Bioloxía e Xeoloxía

Conferencia sobre Xeoloxía Ambiental

 

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán á conferencia de Xeoloxía Ambiental impartida pola doutora Teresa Taboada Rodríguez na USC o vindeiro 28 de febreiro en horario de 9:50 a 10:40 (2ª hora de clase). O profesorado afectado nesas horas terá que acompañar ao alumnado.

Fotos da "Visita ao Laboratorio Aberto da Domus"


O pasado 11 de decembro visitamos o Museo Aberto da Domus e participamos nun obradoiro biotecnolóxico en busca dunha diana para o tratamento da aterosclerose, facendo unha transformación bacteriana. Foi unha agradable experiencia na que aprendimos desde como manipular micropipetas, ata darlle de comer a bacterias, facer cultivos con asas de sembra e descubrir para que serve unha centrifugadora no laboratorio.


Pulsando aquí podedes acceder a galería de imaxes da mañá que pasamos en A Coruña.

Visita á "Pista de Xeo da Alameda"

O vindeiro 20 de decembro, no marco das actividades finais do trimestre e como celebración previa ao Nadal, o alumnado de 3º e 4º da ESO fará unha lúdica visita á Alameda Compostelá para poñer a proba as habilidades para a patinaxe sobre o xeo. A actividade durará de 9:50 a 11:30.

Un favor vos pedimos: Volvede sen danos físicos pero gozade a tope da experiencia Sorriso

Se pulsades na imaxe poderedes ver a fotografía coa que ilustramos este evento dentro dun artigo do xornal La Voz de Galicia no que se fala sobre a pista de xeo e outras actividades do Nadal en Compostela. E se pulsades aquí poderedes ver algunhas das nosas propias fotos da actividade   RisaSorriso 

Visita ao Laboratorio Aberto da Domus

O día 11 de decembro de 2018 en horario de mañá (9:30 a 14:15) o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía asistirán a unha interesante actividade programada pola Domus da Coruña na súa sección "Laboratorio Aberto". A temática centrarase na Revolución Biotecnolóxica. O profesorado acompañante serán as profesoras Marina Raíces Madriñán e Cristina Gómez Rodríguez

Lembrades a "Carreira Vuelta al Cole" ?

Pois xa podemos facer balance de participación e recadación. Nesta Volta ao Cole 2018 participamos 339.848 persoas en toda España e un total de 953 coles. O noso centro IES Lamas de Abade, recadou a cantidade de 197,14 euros, superando o euro por neno/a que pedíamos como donativo e de forma simbólica a cambio do dorsal.

Por iso queremos agradecer a participación de todos e todas, e animar a seguir colaborando nesta importante laboura de concienciación e sensibilización sobre a Leucemia Infantil

Actividade: "Xeoloxía da nosa contorna"

O Departamento de Bioloxía ten organizado para o mércores 21 de novembro unha actividade para coñecer a rica xeoloxía da nosa contorna.

Carreira "Volta ao Cole"

 O IES Lamas de Abade participará este venres 26 de outubro  na carreira "Volta ao Cole" contra a leucemia infantil (Proxecto "uno entre cien mil" co obxectivo de sensibilizar sobre esa enfermidade e recadar fondos destinados á investigación.

O 26 de outubro faremos unha carreira non competitiva no patio do Instituto onde participarán os cursos de 3º e 4º da ESO a 2ª hora e 1º e 2º da ESO a 3ª hora. Pídese simbolicamente que a cambio dun dorsal se axude á campaña coa cantidade de 1€ destinando os cartos recadados a proxectos de investigación. As responsables da organización no Centro son as profesoras Cristina Gómez (profesora de Bioloxía) e Rita Díez (Educación Física)

Por suposto acéptanse as doazóns desinteresadas de tod@s os que queiran axudar.

Se se precisa máis información:

www.lavueltaalcole.com

www.unoentrecienmil.org

 

BioXeo 2016

Lede o que lle acontece a unha pinga de agua, segundo os alumnos da sección biligüe de primeiro de ESO

BioXeo 2016

 

Os alumnos da sección biligüe de primeiro de ESO explícannos os movementos da Terra

http://youtu.be/X_KE5Cyh0rM

O DEPARTAMENTO

INTRODUCIÓN


O depertamento de Bioloxía do IESP Lamas de Abade realiza un programa educativo conn carácter anual onde as actividades complemwntarias teñen unn papel de primer orde adaptadas ás necesidades do curriculum nosrespectivos cursos ( desde 1º de ESO a 2º de Bacharelato).


IMPORTANCIA DA BIOLOXÍA


É importantr que os nosos  alumnos coñezan algunhas das multiples saídas profesionais que teñen onde o coñecemento da Bioloxía é fundamental como base para estudios posteriores.


1-Dado que no noso instituto se ofertan maioritariamente ciclos formativos de CC da saúde ( Protese, anatomía patolóxica, auxiliar de enfermería ...etc)


2-Ademais cada vez que un alumno remata 2º de Bacharelato   e fai a selectividade pode acceder ás seguintes carreiras universitarias, todas elas relacionadas coas C. Mediambientais e da saúde: Mediciña, Bioloxía,Veterinaria, Forestais, Enfermería, Medio ambiente, C. do mar...etc


Como se pode ver hai un  amplo abano de posibilidades polo que é fundamental ter unha boa base de Bioloxía.


POR FOTO.


 


EXCURSIÓNS E VISITAS DIDÁCTICAS DO DTO DE BIOLOXÍA


 


1- VISITA Á CASA DAS CIENCIAS EN A CORUÑA.


2-VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE.


3-VISITA AO MUSEO DE CIENCIAS DE SANTIAGO.


4-VISITA DIDÁCTICA ´Á COSTA ( Zona de Noia) . PROXECTO COASTWATCH.


5-PROXECTO RIOS( en colaboración con ADEGA)


 


PROXECTOS EUROPEOS


Durante o curso 2012-13 intervimoas no PROXECTO XPLORE. Tan só quince centros en toda Galicia estamos realizando este proxecto que explora diversos aspectos


1- A revolución biotecnoloxía


2-Como se desenvolven os fármacos.


3-O cancro de pel ao descuberto


4-Haccia un nundo sen malaria


5-Unha ceise de peso.


6-Hacia a erradicación do SIDA.


7-Reflerxións sobre a saúde.


8-Unha cuestión de xenes.


 


O modelo eduvcativo seguido faise mediante


a- Xogos


b-Mirar videos sobre o tema.


c-Experimentando nun laboratorio vitual.


d-Toma de decisións sobre o tema.


Cada alumno en 3º ESO e 1ª Bacharelato en CMC.


Coordina este proxecto europeo o Domus de A Coruña.


 


 


 


 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer