INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Visita ao RIAIDT do alumnado de 2BACH de Bioloxía e Ciencias da Terra

VISITA Ó RIAIDT DOS ALUMNOS DE 2º BACHARELATO DE BIOLOXÍA E CIENCIAS DA TERRA

Os postos de traballo que han desempeñar os nosos alumnos aínda non están inventados, pero a visita a este tipo de centros pode servir para crear neles un sentimento de seguridade ante a versatilidade dos seus coñecementos actuais para poder acceder a multitude de empresas dun amplo espectro de campos de traballo.

O RIAIDT creouse como un centro onde se localizan infraestruturas de uso común cuxo servicio pode ser requirido por  algún departamento de investigación da USC  así como por outros organismos públicos e empresas privadas.


Unha das seccións que máis nos gustou foi a Área de Raios X polo modo en que nos foi presentada. Ofrece servicios de investigación en sistemas estruturados con periodicidades desde 0.5 a 1000
Å. De modo quepode servir para determinar a estrutura cristalina ou molecular dun composto ou estudios de dispersión e difracción de Raios X e reflectometría.

Nos servicios para a observación das mostras con microscopios electrónicos e confocais non so tivemos a oportunidade de comprobar como funcionan estes carísimos aparatos senón que se nos permitiu manipular, colocando as mostras, un antigo ME de  tipo analóxico. Traballaron os nosos alumnos enmarcando e enfocando imaxes tanto na sección de Microscopía Electrónica de Transmisión como na de Microscopía Electrónica de Barrido.


Nos servizos para a realización de análises de espectrometría de masas e proteómica pódese obter información relativa á masa molecular ou información da estrutura dun composto orgánico, inorgánico ou biolóxico mediante un amplo abano de técnicas (Impacto electrónico, Ionización química, Maldi, Electrospray...). Os nosos alumnos deixaron os seus arquivos persoais ó finalizar a práctica para a identificación dunha droga no espectrógrafo de masas.

 

A espectroscopía de resonancia magnética ten tres vertentes de Resonancia Magnética Nuclear (RMN), Resonancia Paramagnética Electrónica (EPR) e Imaxe de Resonancia Magnética (MRI).

A espectroscopía de resonancia magnética, pode sonarnos máis por ser utilizada como para probas diagnosticas a nivel hospitalario. É unha técnica non destrutiva que permite a investigación da estrutura química, dinámica e interaccións moleculares, e imaxe molecular, en mostras de orixe moi diversa e achegando resultados cuantitativos.

Mediante RMN e EPR pódense estudar moléculas en estado sólido, semi-sólido e en disolución. A gama de aplicacións é moi ampla, desde os compostos químicos e biolóxicos en estado puro (ex. proteínas, DNA etc.) ata as mesturas de compostos como alimentos, preparados farmacéuticos, mostras de tecidos brandos ou fluídos de organismos vivos etc.

A MRI, pola súa banda, é a ferramenta ideal para acceder aos detalles da morfoloxía e funcionalidade  biolóxica de tecidos in-vivo ou ex-vivo.

Tivemos a oportunidade de coñecer persoalmente ó descubridor do novo mineral, a ermeloita, un mineral inédito no mundo que foi descuberto entre Moaña e Bueu,  no Monte Ermelo.


A ermeloita é o cuarto mineral atopado en Galicia ao longo da historia. Os tres anteriores foron identificados a mediados do século XIX e recibiron o nome de morenosita, cervantita e bolivarita. O recente descubrimento xa foi recoñecido oficialmente pola Asociación Mineralóxica Internacional (IMA) como unha nova especie.

Sospeitando que se trataba dun mineral novo, o equipo investigador realizou diferentes análises do descubrimento mediante técnicas calorimétricas e espectrometría de fluorescencia de raios X, entre outras, así como un estudo complementario de elementos químicos en colaboración con investigadores do Centro do Instituto Xeolóxico Nacional. e Minero de España-CSIC e da Universidade Complutense.

O responsable da Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais da USC, Óscar Lantes, asegura que o descubrimento do Monte Ermelo ten "repercusións históricas, xa que son tan poucos minerais descubertos de Galicia. Reforza a importancia da investigación sistemática que se realiza no campo. de mineraloxía, sobre todo nun contexto como o actual, cunha necesidade crítica de materias primas.

O fragmento de ermeloita atopado é pequeno, polo que os investigadores non se aventuran a atribuír posibles aplicacións industriais ou tecnolóxicas a este mineral. Non obstante, non descartan que a partir deste descubrimento sexa posible identificar esta especie mineral en ambientes similares noutras formacións xeolóxicas do mundo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer