INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Obradoiro Lixo Mariño en 4º da ESO

PEQUENOS XESTOS QUE IMPLICAN UNHA GRAN SOLUCIÓN. O LIXO MARIÑO (PROGRAMA PARA UNHA TRANSICIÓN ECOLÓXICA)

Vense de celebrar para os nosos alumnos de 4º de ESO ( Dpto Bioloxía e Xeoloxía) o obradoiro sobre LIXO MARIÑO, impartido polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

A actual sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha xeración de residuos en cantidades intolerables para o noso planeta, ameazando de xeito moi intenso os ecosistemas terrestres e mariños, por non falar da saúde humana. A meirande parte dese lixo acaba por chegar ós océanos, provocando problemáticas ambientais moi graves que aínda hoxe en día pasan desapercibidas para a maioría da poboación: a súa persistencia no medio, os danos físicos en animais e plantas, os microplásticos, etc., polo que resulta imprescindible mitigalo e revertelo.

Co programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña se pretende que a comunidade escolar recoñeza estes problemas, recapacite e comprenda que con pequenos xestos no noso día a día podemos influír poderosamente na redución dos residuos que xeramos, de cara a ter un futuro sostible.

Os obxectivos específicos da nosa actividade foron

  • Identificar esta problemática e as súas causas, sendo capaz de entendela, e ollala de xeito crítico.
  • Coñecer os impactos negativos que xeran as nosas actividades cotiás na xeración de residuos.
  • Traballar e implicarse no desenvolvemento das posibles solucións que nos poden levar a unha mitigación e corrección deste grave problema ambiental.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer