O mércores, 11 de novembro, entregáronse os II Premios a Calidade Lingüística dos Proxectos de FP á 9 alumnas, todas elas mulleres, de varios dos ciclos impartidos no noso centro: Angela Abelenda, Lidia Calo, Sandra Brenlla, Antia Villamediana, Nerea Sánchez, Aroa Sánchez, Laura González, Uxía León e Sandra Viadel.
Ademais do premio en metálico (100 € para cada proxecto ganador) e do diploma acreditativo, recibiron un libro, cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Se todas as premiadas eran mulleres, tamén as encargadas da entrega do premio o eran: María Dolores Picón, directora do instituto, Pura Galán, coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña e Isabel Senra, inspectora do instituto .
O equipo de Dinamización da lingua galega do instituto destacou as escollas léxicas, a escrupulosa selección de contidos e, en xeral, a calidade de todos os proxectos presentados.
O acto tamén serviu para presentar a III convocatoria dos Premios á Calidade Lingüística do curso 2020/21 que se resolverán no outono do 2021 e que previsiblemente sexan xa a nivel autonómico, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística tanto na organización como na dotación económica.
Parabéns para Iria Estévez, alumna de 4º da ESO, que ganou o segundo premio do VIII Concurso de Banda Deseñada AX1 convocado polo IES Xelmirez en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística. Velaquí a portada e primeira páxina de "Breixo", obra que xira arredor da diversidade sexual e identidade de xénero, porque non abonda con debuxar ben, tamén hai que contar unha boa historia.
Proximamente subiremos a curtametraxe.
Malias ás circunstancias tan adversas, preséntaronse case unha vintena de booktrailers aínda que moitos se elaboraron en plena corentena. Nesta ocasión, o xurado estivo composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do propio instituto e escolleu os ganadores despois de intensas deliberacións.
O guión desenvolvido por Xiana Villaverde, Ainoha Caamaño e Elisa Nieves no corto "Memorandum", baixo a dirección de Maricarme García Ares, ten sido elixido como gañador do "Concurso de guións contra a Violencia de Xénero da Deputación da Coruña".
Compartimos link da gran nova que quedou recollida na prensa de hoxe (preme na imaxe):
E pulsando neste vínculo podedes volver a gozar desta excepcional obra:
Este xoves 16, con motivo de comezar a celebración do Día das Letras Galegas 2019 do día seguinte, o alumnado de 3º e 4º da ESO gozará dunha conferencia sobre Antón Fraguas a cargo do profesor Antonio Tizón. Terá lugar entre as 12:40 e as 13:30 horas. A actividade está organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Polo 100 aniversario das Irmandades da Fala realizáronse en Compostela diferentes actividades. A nosa cooperativa, Cestola na Cachola, encargouse de ilustrar un dos capítulos do discurso de Porteiro Garea, pintando en directo unha táboa na praza de Cervantes. A obra foi creada conxuntamente polas mans de Xoana Almar e Miguel Peralta.
A pintura representa a fraternidade e a unión galega-americana: o tema do capítulo V, "A nosa posición no mundo", ensalza a boa situación e relación xeográfica e histórica de Galicia con América Latina. Visibiliza o porto de Vigo como un dos máis importantes de Europa e un punto estratéxico nas relacións americanas. A lingua galega abre as portas na interlocución co Brasil e os países de fala portuguesa, polo que Galicia, en relación ao resto do territorio español, conta cunha maior vantaxe nas relacións interoceánicas ademais dos lazos que a unen pola masiva inmigración galega a América Latina
Este ano adicámolo a Carlos Casares Mouriño. Ao longo do mes de maio faremos no centro unha serie de actividades para celebralo. Se queres participar fala con nós.
Polo de agora podes comezar visitando o seguinte enderezo http://fundacioncarloscasares.org/ e informarte sobre a súa vida e obra, tamén podes ver unha pequena galería de fotos e mesmo escoitar a súa voz en varios arquivos de son.
Tamén podes visitar a galeria da nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamasabade/galeria/thumbnails.php?album=35 e mirar unha parte da súa obra para escoller un dous seus libros e logo pedilo na nosa biblioteca.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer