Skip to Content

Escolares

Cociñamos e reciclamos

Alumnas e alumnos do IES Elviña participaron con entusiasmo no proxecto conxunto dos departamentos de Linguas Clásicas e Bioloxía sobre cociña antiga e reciclaxe. Elaboramos dúas receitas de Apicio segundo as súas instrucións de hai dous mil anos: 

- "Oleum lauri" (aceite de loureiro)

"Sal Apici" (sal con pementa negra e branca, ourego, eneldo, tomillo, xenxibre, perixel e hisopo)

 

A colaboración de todos os implicados foi completa e eficaz. Grazas a todos/as.

 

2770 Ab urbe condita

O pasado venres 21 de abril celebramos o 2770 ano Ab urbe condita co seminario impartido pola doutora Ana Suárez Piñeiro sobre O proceso electoral en Roma grazas ó Programa A Ponte. Foi unha sesión amena e fructífera na que comparamos os sistemas de sufraxio actuais cós da Antiga Roma.

 

Charla de Gonzalo Moure sobre o seu libro "Palabras de caramelo"

Realizado o 7 de abril.

Encontro do alumnado de 1º e 2º de ESO do Club de Lectura co autor do libro lido durante o 2º trimestre.

Recitamos: Rosalía sempre viva

18 de marzo na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei

 

As alumnas de 3º ESO Rebeca Bermúdez e Heloísa Souza recitaron este sábado poemas de Rosalía no encontro que rememora a súa persoalidade

 

Momento de recitado de Heloísa

14 febreiro: día dos namorados

Actividade realizada en colaboración co departamento de galego

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut