Skip to Content

Centro educativo

Plantación dunha sobreira e enterro dunha cápsula do tempo por alumnado de 2º Bacharelato

Plantación dunha sobreira e enterro dunha cápsula do tempo por alumnado de 2º de Bacharelato

Na maña do xoves 30 de maio, o alumnado de 2º de Bacharelato da promoción 2017-2019 participou na plantación dunha sobreira a iniciativa da profesora de Ciencias da Terra e Medio Ambientais, Ana Bueno e na que colaboraron a profesora de Tecnoloxía Loli Omil, o secretario do noso Centro, Jesús López e o profesor da materia de Paisaxe Juan Carlos Montejano adicándolle unhas sentidas verbas a esta promoción que nos deixa. Tamén aproveitaron para enterrar unha caixa do tempo na que gardaron mensaxes e obxectos persoais, para ser atopadas por xeracións futuras ou poder revivilas dentro de moitos anos.

Plantación dunha sobreira e enterro dunha cápsula do tempo por alumnado de 2º de Bacharelato

Graduación do alumnado de 2º Bacharelato no Auditorio Municipal de Valga

Promoción de Bacharelato 2017-2019

O xoves 23 de maio, no Auditorio Municipal, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2017-2019. Presentado polo alumno desta promoción, Brais Martínez, foi un acto entrañable e emotivo onde a través do discurso das alumnas Carla García e Zoraima Rodríguez fixeron un repaso aos anos que pasaron no noso Centro. Tamén houbo discursos da Directora do Centro, das profesoras Pilar Buela e Julia Sainz. Ademais non podía faltar a entrega de diplomas ao alumnado graduado xunto coas mencións especiais aos mellores expedientes do Bacharelato de Ciencias, Silvia Pérez, o que lle conlevou o premio Ángel Carracedo, e do Bacharelato de Letras e Ciencias Sociais, Sara Castaño. Picando neste enlace podes ver máis fotografías deste acto.

 

Acto Graduación de Bacharelato 2017-2019

Acto de Graduación de 2º de Bacharelato

Hoxe, xoves, às 19h30 no Auditorio Municipal de Valga, vaise realizar o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Valga que será conducido por Brais Martínez. É prevista a intervención da directora do centro, Dolores Rego Balsa, de dúas representantes do profesorado, Julia Sanz e Pilar Buela, e doutras dúas representantes do alumnado, Carla García e Zoraima Rodríguez. Para alén disto, van ser homenaxeadas Silvia Pérez Vidal e Sara Castaño Barreiro coa entrega do Premio Extraordinario de Ciencias “Ángel Carracedo” e co Premio Extraordinario de Humanidades e Ciencias Sociais, respectivamente. 

Este evento é organizado polo IES de Valga contando coa colaboración da ANPA “Bella Otero”. Toda a comunidade educativa está convidada para asistir.

O IES Valga escollido para integrar a Rede galega de dinamización da FP Dual

FP Dual  FP Dual

A Consellaría de Educación, nunha resolución publicada con data de 9 de abril e anunciada hoxe, seleccionou o IES de Valga para formar parte da Rede galega de dinamización da Formación Profesional Dual. Trátase dunha iniciativa de nova creación que ten a finalidade mellorar as conexións entre os centros de ensino e as empresas colaboradoras en beneficio da formación do alumnado. Cada centro escollido debe designar un profesor, ou profesora que, até final de ano, non terá actividade docente e dedicarase en exclusiva a supervisar a actividade do alumnado nas empresas formadoras e a explorar outras vías de colaboración. O profesor designado polo centro é Francisco Javier Hermida Liñeira.

Para a directora do IES de Valga, Dolores Rego Balsa, “esta selección confirma a presenza do noso centro na vangarda da formación profesional galega, o que vai redundar na melloría das competencias profesionais do noso alumnado”. Para alén disto, engade a directora que se trata “dun grande reto que afrontamos coa confianza que nos dá unha traxectoria exemplar refrendada pola confianza que teñen en nós as empresas colaboradoras”.

A FP Dual

A Formación Profesional Dual é unha modalidade que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. Integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. O IES de Valga oferta estes estudos para o título de Técnico en Soldadura e Caldeiraría.

Distribuir contido


by Dr. Radut