Skip to Content

Actividades

Alumnado do noso Centro á final galega do concurso de cultura clásica "Odisea"

Alumnado do noso Centro á final galega do concurso de cultura clásica "Odisea"/

O concurso Odisea sobre coñecementos de Cultura Clásica, na súa edición do ano 2023, que versou sobre "A auga en Grecia e Roma", rematou na súa primeira fase o xoves pasado. Nesta edición, con 43 centros participantes, o noso centro acadou un posto na final galega, a disputar o vindeiro mércores 1 de febreiro, co equipo integrado polas alumnas de 1º Bacharelato: Alba Blanco, Iria Collazo e Herea Eitor. Parabéns ao alumnado e profesor de Latín e Grego, Raúl Gómez. Moita sorte na vindeira fase!.

Alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato xunto co alumnado 3º ESO de Cultura Clásica participa no "Concurso Odisea"

Alumnado de Cultura Clásica e Latín no Concurso Odisea 2023

O alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO xunto co de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato está a participar nesta semana na edición décimo oitava do Concurso Odisea convocado pola Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.). Os días 23, 24, 25 e 26 de xaneiro ten lugar esta primeira fase, mentres que os días 1 de febreiro e 8 de febreiro terá lugar o desempate local e fase final estatal respectivamente. Nesta edición participan as seccións da SEEC de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Galicia, Estremadura, Salamanca-León, Valencia-Castellón, Valladolid, Madrid, A Rioxa e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya.
Lembrar que o concurso Odisea ten como obxectivo demostrar os coñecementos do alumnado en temas relacionados coa antigüedade clásica greco-latina. Este ano o tema do concurso é a Auga. Moito ánimo e sorte ao noso alumnado participante!!!

Alumnado de 4º ESO e Bacharelato nas Xornadas de Teatro Clásico en Lugo

Alumnado de 4º ESO e Bacharelato nas Xornadas de Teatro Clásico en Lugo

O pasado luns 2 de marzo, alumnado de Latín de 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato asisitiu ás Xornadas de Teatro Clásico que tiveron lugar no auditorio Gustavo Freire de Lugo. Ademais  as alumnas que se proclamaron campionas galegas no concurso Odisea de Cultura Clásica, na súa VI edición, tiveron unha mención especial dentro dos actos destas xornadas. Foron acompañados polos profesores Raúl Gómez Pato e Víctor González de Zúñiga. A actividade foi organizada polo departamento de Cultura Clásica.

 Alumnado de 4º ESO e Bacharelato nas Xornadas de Teatro Clásico en Lugo

O IES de Valga gaña o concurso Odisea de cultura clásica

Gañadoras da VI edición do concurso "Odisea"

O IES de Valga proclamouse campión galego no concurso Odisea de Cultura Clásica na súa VI edición. O grupo formado por Isabel Rita Catoira Senín, Lucía Fariña Potel e Carla Rodríguez Cordo, alumnas de Latín e Grego de primeiro de Bacharelato, que concursaron co nome grego Stratiatai, que significa “as guerreiras”, proclamouse campión nesta edición tras gañar tanto na fase local como na final galega.
A final realizouse no IES de Chapela, e dos cinco grupos finalistas pertencentes a centros de Redondela, Melide, Vila de Cruces e Oleiros, foi o único que deu con todas as respostas ás cuestións formuladas.
Este concurso, que se celebra anualmente, premia os coñecementos do alumnado sobre a Antigüidade Clásica, e nel formúlanse un número variábel de preguntas ás que se debe responder nun tempo limitado. Este ano o concurso está centrado no “Deporte en Grecia e Roma”, e participaron 243 grupos en todo Galicia. IES de Valga. A directora do IES de Valga, Dolores Rego Balsa lembra que o centro xa accedera en anteriores edicións á final galega, gañándoa en 2016 e sendo finalistas tamén na fase estatal, “o cal só pode ser froito do intenso traballo do alumnado participante e do magnífico labor do profesor Raúl Gómez Pato”.
O equipo gañador vai participar na final estatal, que se desenvolverá o vindeiro mércores día 19, en que competirá cos once grupos das outras autonomías finalistas.

Alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato participa na V LVDI COMPOSTELLANI

Alumnado de Latín na V LUDI COMPOSTELLANI

Alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato participou, o mércores 22 de xaneiro, nos V LUDI COMPOSTELLANI, organizados pola SEEC-Galicia, en colaboración co grupo de investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC, tendo lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Entre o programa de actividades estaba unha recreación histórica do funcionamento das LEGIONES ROMANAE, ademais puideron participar nun obradoiro de danza grega antiga como se observa nas fotos que acompañan esta nova.  Foron acompañados polos profesores Raúl Gómez e Jesús López. A actividade foi organizada polo departamento de Cultura Clásica.

Alumnado de Latín nos V LUDI COMPOSTELLANI

 

Distribuir contido


by Dr. Radut