Skip to Content

Actividades

Iván Sanmiguel, alumno de 2º Bacharelato, participa no Certame CICERONIANVM 2017

Iván Sanmiguel no concurso Ciceronianum 2017 O venres, 3 de marzo, Iván Sanmiguel, alumno de 2º Bacharelato Humamidades, participou no Certame CICERONIANVM 2017, organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos. A proba tiña como tema a Paz e a Guerra, sendo como texto base unha selección de pasaxes de Cicerón relacionados con tal tema. Esta actividade tivo lugar na sección galega da SEEC, da que resultou ser o único participante, o que lle dá máis posibilidades para intentar conseguir o premio a nivel nacional, o que o levaría a participar a nivel europeo en Arpino (Italia). Sorte a Iván e ao seu profesor de Latín, Raúl Gómez.          
   

Terceiro lugar do equipo "Catilina" na fase final autonómica do Concurso Odisea 2017

Equipo Catilina no iES Fontexería de Muros   Equipo Catilina no IES Plurilingüe Fontexería de Muros  O equipo “Catilina, formado por Carla García de 4º ESO, Katrina Costa e Iván Sanmiguel de 2º Bacharelato,logrou o terceiro posto na final galega do concurso de cultura clásica Odisea, na súa XII edición.

Foi convocado pola Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.). No IES Plurilingüe Fontexería de Muros levouse a cabo esta fase final galega onde os participantes responderon a varias cuestións do mundo grecolatino, tendo nesta edición o tema: “A política en Grecia e Roma”. Noraboa ao equipo e ao seu profesor Raúl Gómez Pato.

 
   

Alumnado do noso Centro á final galega do concurso de cultura clásica "Odisea"

Integrantes do equipo "Catilina" do concurso Odisea Carla García de 4º ESO, xunto Katrina Costa e Iván Sanmiguel, de 2º Bacharelato Humanidades e integrantes do equipo "Catilina" clasificáronse para a  final galega do concurso de coñecementos de cultura clásica: "Odisea". Por segundo ano consecutivo, alumnado do noso Centro accede a esta final. Hai que lembrar que no curso anterior acadaron o primeiro posto, o que lles valeu para chegar á fase estatal, onde conseguiron quedar segundos. Picando aquí  e tamén neste enlace, podedes ler esta nova nos xornais da nosa zona. Parabéns ao alumnado e profesor de Latín e Grego, Raúl Gómez. Moita sorte na vindeira fase!.    
   

Alumnado de Cultura Clásica realiza un viaxe a Grecia

Alumnado de Cultura Clásica en Grecia    Alumnado de Cultura Clásica en Grecia           Viaxe a Grecia 2016

     Viaxe a Grecia 2016                 Viaxe a Grecia 2016

Do 27 de febreiro ao 5 de marzo, alumnado do IES de Valga, acompañado por dous profesores, realizaron unha viaxe a Grecia, combinando a visita á súa capital, Atenas, e a visita a dúas das máis importante illas Cícladas do Mediterráneo: Mikonos e Delos.
A viaxe foi moi satisfactoria para todo o grupo e os profesores acompañantes, posto que poideron apreciar en Atenas varios dos monumentos máis importantes da cultura occidental, como o Partenón e o conxunto monumental da Acrópole, así como visitar varios dos museos máis sinalados da cidade. Ademais o alumnado poido facerse unha idea moi precisa da vida dos gregos no mundo antiguo, ruando pola cidade, e tamén tomar conciencia de como a última crise golpeou seriamente aos gregos e gregas da actualidade, percibindo unha situación moi similar en moitos aspectos á realidade de Galiza e do Estado Español.
Ademais a viaxe serviu para admirar a illa e a cidade de Mikonos, unha das illas na actualidade máis turísticas das Cícladas gregas, onde tamén, quen así o quixo, puido tomar o primeiro baño do ano no Mediterráneo. A visita a Mikonos serviunos tamén para poder acceder a Delos, acompañados por dous guías oficiais. Delos é unha illa relativamente pequena, patrimonio universal da Unesco, deshabitada na actualidade, porque toda a illa é un inmeso xacemento arqueolóxico, conservándose in situ, en extraordinarias condicións, unha das máis sorprendentes cidades gregas do mundo antiguo, famosa por ser unha parada comercial obrigada para os navegantes da antigüidade.
Agardamos que a próxima viaxe organizada polo departamento de Cultura Clásica sexa aínda máis interesante para o alumnado.

Conferencia a cargo do profesor da USC, J. Virgilio García Trabazo, sobre o Indoeuropeo

Conferencia sobre o Indoeuropeo para alumnado de Cultura Clásica            Conferencia sobre o Indoeuropeo para alumnado de Cultura Clásica

O profesor da facultade de Filoloxía da USC, José Virgilio García Trabazo, impartiu unha interesante charla sobre o Indoeuropeo titulada: “Lingüística Indoeuropea: reconstruyendo la prehistoria de nuestras lenguas”. A charla, organizada polo departamento de Cultura Clásica, tivo lugar na sala de Audiovisuais de noso Centro na mañá do xoves 17 de marzo e a ela asisitiu alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato de Cultura Clásica. Durante máis dunha hora o profesor Virgilio García, experto en estudos sobre o Indoeuropeo, faloulles da importancia e a influencia deste noutras linguas ao longo da Historia, así como dos cambios que se produciron nas palabras que teñen como raíz o Indoeuropeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut