Skip to Content

Alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato xunto co alumnado 3º ESO de Cultura Clásica participa no "Concurso Odisea"

Alumnado de Cultura Clásica e Latín no Concurso Odisea 2023

O alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO xunto co de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato está a participar nesta semana na edición décimo oitava do Concurso Odisea convocado pola Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.). Os días 23, 24, 25 e 26 de xaneiro ten lugar esta primeira fase, mentres que os días 1 de febreiro e 8 de febreiro terá lugar o desempate local e fase final estatal respectivamente. Nesta edición participan as seccións da SEEC de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Galicia, Estremadura, Salamanca-León, Valencia-Castellón, Valladolid, Madrid, A Rioxa e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya.
Lembrar que o concurso Odisea ten como obxectivo demostrar os coñecementos do alumnado en temas relacionados coa antigüedade clásica greco-latina. Este ano o tema do concurso é a Auga. Moito ánimo e sorte ao noso alumnado participante!!!



page | by Dr. Radut