Skip to Content

O IES de Valga gaña o concurso Odisea de cultura clásica

Gañadoras da VI edición do concurso "Odisea"

O IES de Valga proclamouse campión galego no concurso Odisea de Cultura Clásica na súa VI edición. O grupo formado por Isabel Rita Catoira Senín, Lucía Fariña Potel e Carla Rodríguez Cordo, alumnas de Latín e Grego de primeiro de Bacharelato, que concursaron co nome grego Stratiatai, que significa “as guerreiras”, proclamouse campión nesta edición tras gañar tanto na fase local como na final galega.
A final realizouse no IES de Chapela, e dos cinco grupos finalistas pertencentes a centros de Redondela, Melide, Vila de Cruces e Oleiros, foi o único que deu con todas as respostas ás cuestións formuladas.
Este concurso, que se celebra anualmente, premia os coñecementos do alumnado sobre a Antigüidade Clásica, e nel formúlanse un número variábel de preguntas ás que se debe responder nun tempo limitado. Este ano o concurso está centrado no “Deporte en Grecia e Roma”, e participaron 243 grupos en todo Galicia. IES de Valga. A directora do IES de Valga, Dolores Rego Balsa lembra que o centro xa accedera en anteriores edicións á final galega, gañándoa en 2016 e sendo finalistas tamén na fase estatal, “o cal só pode ser froito do intenso traballo do alumnado participante e do magnífico labor do profesor Raúl Gómez Pato”.
O equipo gañador vai participar na final estatal, que se desenvolverá o vindeiro mércores día 19, en que competirá cos once grupos das outras autonomías finalistas.



page | by Dr. Radut