Skip to Content

2014/15

VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO ÁS INSTALACIÓNS DE EL CORREO GALLEGO

 

O alumnado de de segundo de ESO, acompañados polos seus titores e a secretaria do centro, visitaron as instalacións de El Correo Gallego no Polígono de Costa Vella, onde recibiron explicacións sobre o proceso de preimpresión e impresión dun xornal. A visita enmárcase dentro do Programa Atrévete. O programa-  desenvolvido pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais dentro do Plan eduemprende- está dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II 4º CLASIFICADO NA XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

Un ano máis a aposta do IES Arcebispo Xelmírez II por promocionar o Deporte entre o noso alumnado, coa fin de contribuir ao desenvolvemento dunha xuventude activa e saudable, viuse compensado por un novo galardón no eido deportivo. Na 37 edición da carreira pedestre popular, organizada polo xornal El Correo Gallego, o noso centro acadou un honroso 4º lugar na clasificación. Algúns dos nosos alumnos e alumnas estiveron entre os mellores clasificados.

A alumna Raquel González Tojo, primeira clasificada do centro, recollendo o seu premio.

 

II CONCURSO DE RELATO BREVE DE TERROR EN GALEGO

Convocado pola Biblioteca Anxel Casal, para maiores de 14 anos.

Máis información na seguinte web:

http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=173

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENCIAS

O alumnado de 4º da ESO participa, dentro do Plan de Acción Titorial, nos obradoiros do Programa ALEIDA que Igaxes 3 desenvolve no Concello de Santiago dende o ano 2009. Durante os meses de novembro e decembro traballarase a Prevención de Drogodependencias. Facer prevención é o obxectivo prioritario deste obradoiros, a fin de contribuir a evitar a inadapatación e o fracaso escolar que pode conducir, no futuro, á exclusión e á conflictividade social.

VISITA DO ALUMNADO DE 1º ESO A Á BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL

 

O coordinador da Biblioteca, Manuel Amor, e o profesor Jorge González acompañaron ao alumnado de 1º ESO A á Biblioteca Pública Ánxel Casal. O obxectivo e proporcionarlle aos nenos e nenas -en moitos casos- un primeiro achegamento á biblioteca, á súa estrutura e ao seu funcionamento. Búscase potencionar as liñas de cooperación entre a Biblioteca Pública e o Centro Escolar coa fin de contribuir á formación de futuros lectores e usuarios dos diferentes servizos que ofrecen as bibliotecas.

Teatro: A TEMPESTADE DE WILLIAM SHAKESPEARE

O alumnado de 2º de Bacharalato asistiu a reprepresentación teatral da obra de William Shakespeare no Salón Teatro. Na organización da saída participaron os Departamentos de Lingua Castelá e Literatura (como ctividade complementaria na materia Literatura Universal) e Lingua Galega e Literatura.  As Profesoras Ana Mosquera e Felicia Estévez, responsables da organización contaron coa colaboración da profesora Concha Moure.

SENDEIRISMO RUTA DO RÍO SANTA LUCÍA 11,3 KM.

Cada inicio de curso, o profesorado responsable das titorías, procura estratexias e recursos diversos para facilitar o achegamento nas relacións do alumnado e a súa integración en cada un dos grupos-aula. Javier Suárez, profesor de Educación Física e  titor de 4º B da ESO, tratou de conseguir este obxectivo a través dunha actividade orientada ao coñecemento da contorna física e natural da cidade a través do sendeirismo.

Máis información en páxina Departamento Educación Física..

 

ROTEIRO BOTÁNICO POLA ALAMEDA DE SANTIAGO

 

Na procura de novos espazos educativos, a profesora Carmen Varela de Bioloxía e Xeoloxía, ofereceu ao alumnado de 2º da ESO un Roteiro Botánico pola Alameda de Compostela. Este espazo recreativo de enorme interese histórico, artístico e ambiental, é o xardín máis antigo da cidade. Ten a súa orixe no século XVI, nun terreos cedidos polo conde de Altamira como zona de esparcimento e recreo. Co paso do tempo , o primitivo xardín palaciego foise enriquecendo cunha flora ornamental de unhas noventa especies diferentes, moitas delas singulares, que se multiplicaron ata formar una masa arbórea e arbustiva de máis de mil cincocentos individuos, algún deles centenarios. O alumnado aprendeu a identificar, admirar, respectar e valorar moitas destas especies, que continuará a estudar nas aulas. (3 e 4 de outubro de 2014)

Distribuir contido


by Dr. Radut