Skip to Content

Aliméntate ben

Aliméntate Ben. Materia Inglés

A materia de Inglés, dende o grupo de 2.ºESO A/B, traballamos cos conceptos de comida san e comida non prexudicial para a saúde. Clasificamos alimentos en categorías, traballamos con listas da compra e coa pirámide alimentaria (a cal etiquetamos en inglés e está exposta no corredor da biblioteca)

Traballamos cuns vídeos de Jamie Oliver e a súa campaña Food Revolution e mesmo bailamos/medio cantamos a canción composta por Ed Sheeran para esta campaña.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Aliméntate Ben. Materia Matemáticas

Na área de Matemáticas os alumnos "despois de repasar os principais grupos de alimentos e as súas propiedades, nunha ficha os rapaces atopan as recomendacións da OMS sobre das proporcións de cada tipo de alimento na alimentación dos adolescentes, e nunha listaxe aparecen unha variedade de alimentos e os seus aportes principais.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A primeira parte da tarefa consiste en apuntar no cadro superior a merenda que toman nun dos recreos, e desglosar os aportes en gramos e porcentaxes da cantidade diaria recomendada.

Aliméntate Ben. Materia Xeografía e Historia

Facendo un repaso dos alimentos que chegaron de outros países a través da historia, fíxose un estudio sobre os produtos que se cultivaban nos hortos familiares dos alumnos,  elaborouse un seguimento sobre a forma de cultivo, si se utilizaban abonos, pesticidas , plaguicidas ou se evitaban. E se investigou sobre a agricultura ecolóxica, que aquí en Galicia certifica CRAEGA. Decidiuse entón realizar semente de produtos de horta como chícharos, acelgas, amorosos, plantas aromáticas... sendo ecolóxicos no seu cultivo.

Participouse no concurso de CRAEGA e o centro resulto ganador con vídeo sobre os produtos ecolóxicos.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Aliméntate Ben. Materia Francés

Os alumnos de primeiro da ESO buscaron información  sobre diferentes alimentos en Francés, estudiaron a pirámide alimenticia e elaboraron murais en grupos con estas pirámides, utilizando vocabulario axeitado en lingua francesa. Tamén comprobaron as etiquetas alimentarias para detectar si había error las tradución que se facían dando estaban escritas en Francés.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

O sabor da aventura está no mar

“O sabor da aventura está no mar” é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Dentro deste programa, o alumnado de 1.º de ESO visitou os días 23 e 25 de abril, acompañado polas profesoras Rosa Quintela e Cecilia Folla, a lonxa do porto de ribeira e unha fábrica de xeo, posteriormente agasalláronos cunha merenda mariñeira.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos e outras poucas máis nesta Fotos

 

Aliméntate Ben. Materia Bioloxía

Dentro do Plan Proxecta no noso centro traballamos no  Programa Aliméntate Ben, e realizamos una serie de actividades dende distintas materias para fomentar a dieta saudable do noso alumnado.

Proxecta

Na materia de Bioloxía os alumnos aprenderon a interpretar unha etiqueta alimenticia. Para iso, primeiro buscaron información sobre os datos obrigatorios que debe conter unha etiqueta alimentaria, e despois os identificaron en diferentes envoltorios de alimentos que eles trouxeron do seu fogar.

Fixeron carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais analizaron o contido en nutrientes que posuían eses produtos, despois analizaron  si as cantidades eran saudables ou non, facendo un semáforo moi visual donde se indicaban os contidos altos, medios e baixos. 

Semáforo

Distribuir contido


by Dr. Radut