Skip to Content

Actividades do día da muller en "El Correo Gallego"

El Correo Gallego fíxose eco das actividades desenvolvidas no centro co gallo do día da muller, celebrado o 8 de marzo, na súa edición dixital.

Aquí está o enlace.

Tweets pola PAZ

Xa seleccionamos os mellores tweets pola PAZ enviados a @biblixel2 o pasado 30 de xaneiro.

Podedes velos no blogue da biblioteca. Noraboa aos seleccionados e ao gañador@!

Conferencias do IMELGA

O día 26 de xaneiro de 2013 o periódico "El Correo Gallego" publicou un artigo sobre as conferencias do IMELGA celebradas no noso centro

Enlace


Concurso: Onde é?

A alumna Patricia Torreira Iglesias de 3º ESO B resultou premiada no concurso convocado polo EDLG para 3º e 4º da ESO: Onde é?

Concurso de lectura do mes de outubro

Os alumnos José Manuel Pérez Varela e Xabier Fernández García resultaron premiados no concurso de lectura do mes de outubro para o 1º ciclo sobre o libro "Das cousas de Ramón Lamote" convocado polo EDLG coa colaboración da B.e.

Guia de Nais e Pais 2012-2013

Dende o seguinte enlace podedes acceder á Guía de Nais e Pais para o curso 2012-2013.

Premio de El Correo Gallego ao noso centro na Carreira Pedestre

Parabéns ao alumnado do Centro que participou na Carreira Pedestre convocada por El correo gallego porque gañaron o terceiro premio. E felicitacións tamén ao profesorado de Educación Física  que, seguro, ten bastante que ver con eses resultados. Na fotografía, o  director, José Luis Martín, recollendo a placa conmemorativa con que se agasallou ao instituto.

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por segundo ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana e TV5 Monde, "Affiche ton français" dúas alumnas participantes, Laura Mansilla e Carme Celia Pérez, acadaron un 1º e 3º premio.

   

RESULTADOS NA SELECTIVIDADE. XUÑO 2012.

O noso centro acadou na convocatoria ordinaria das PAU un resultado excelente:

100% de aptos

Noraboa a todos

Alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC en Alfas del Pi (Alacant)

VISITA DE TRES EX-PARLAMENTARIOS Ó XELMÍREZ II

O xoves 22 de marzo tivemos a visita de 3 ex-parlamentarios no Instituto, para dar unha charla-coloquio.

Máis información aquí:

Visita ex-parlamentarios

Galería de fotos

Pinchade aquí se queredes ver as fotos do entroido 2012.

SEMANA DO 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Actividades:

Mércores, día 7

Hora: 1º e 2º recreo

Lugar: vestíbulo

  • Exposición de traballos feitos na materia de "labores del hogar" polas alumnas daqueles anos.

  • Proxección da curtametraxe Nuestro pan da directora galega Emna Sánchez Arca (cesión do MUFEST)
  • Ficha-concurso sobre a temática da curtametraxe (Os premios serán DE CINE!!!)

1º Premio na categoría de 1º, 2º e 3º de ESO: Xabier Fernández García (1º ESO A)

1º Premio na categoría de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato: David Cotofre Grela ( 2º Bacharelato A)

Xoves, día 8

Hora: durante toda a mañá

Lugar: vestíbulo

  • Exposición e préstamo de libros escritos por mulleres

  • Charla sobre Vivencias do mundo labrego impartida por Pura Seoane, labrega

Lugar: Usos múltiples

Hora: 10.30 h.

Público: 1º de Bacharelato  

Venres, día 9

Hora: 1º e 2º recreo

Lugar: vestíbulo

  • Proxección das seguintes curtametraxes: Sólo sé que no sé nada da directora Olatz Arroyo (cesión do MUFEST)        

                                                             La cenicienta que no quería comer perdices da directora Nunila López Salamero

O IES "A. XELMIREZ II" VISITA Ó CPI VIAÑO PEQUENO DE TRAZO

Dentro do proceso de admisión de alumnado de cara ao curso 2012/2013 o director e a orientadora do IES "A. Xelmirez II" explicaron no CPI Viaño Pequeno de Trazo a oferta do centro.

Esta visita forma parte dunha rolda que se está a levar a cabo nos centro da zona de influencia do Xelmírez II.

Xa se visitaron o CEIP de Vite, o CEIP Arquitecto Casas Novoa - Sionlla e o CEIP Monte dos Postes. En vindeiras datas farase con CEIP de Prácticas López Ferreiro, CEIP Apóstolo Santiago e IES de Oroso.

Distribuir contido


by Dr. Radut