Skip to Content

Fondo Solidario de Libros: Listaxes Provisionais

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos. 

   Tal como indica a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio. 

   Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Prazo de reclamacións: xoves 13 e venres 14 de xullo de 2023.

 

Intercambio cun instituto de Noruega para alumnado de 1º de Bacharelato.

Prezadas familias

Acabamos de ter confirmación de que un curso máis 4 estudantes de 1º de Bacharelato do noso centro no curso 23-24 terán a oportunidade de realizar un intercambio cun centro de Lorenksborg (Oslo, Noruega). O noso alumnado terá unha estancia de tres semanas no mes de setembro (datas exactas por concretar), e o alumnado noruegués probablemente veña en xaneiro, catro semanas (tres con clases no centro e 1 con clase de castelán na USC).

A selección do alumnado candidato farase tomando como criterio a nota media de 4º ESO. En caso de empate, o criterio de desempate será a maior cualificación na materia de inglés. De persistir empate, considerarase a nota media de 3º ESO.

O prazo de presentación de candidaturas será ata o 10 de xullo. Poden facelo presencialmente, no instituto, ou enviando o formulario adxunto á dirección de correo ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal.

Desculpen a premura.

 

Libros de texto 2023-24

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2023/24.

Convocatorias abertas

  • Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato,FP e Universidade). Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Enlace
  • Convocatoria de bolsas "Jóvenes Talentos" Viaqua. Prazo: Antes da realización de ABAU. Enlace
  •  Convocatoria de bolsas para alumnado con NEAE para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. Enlace
  • NOVO  Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023. Enlace
  • NOVO  Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Prazo de solicitudes: 31 de maio a 30 de xuño. Enlace

Matrícula curso 2023-2024

Cando matricularse?

O prazo oficial de matrícula é do 23 de xuño ao 7 de xullo. Para axilizar o proceso, o centro solicita ás familias que, sempre que sexa posible, se ateñan ao seguinte calendario por niveis:

Venres 23 de Xuño: 1º ESO

Luns 26 de Xuño: 2º ESO

Martes 27 de Xuño: 1º Bacharelato

Mércores 28 de Xuño: 2º Bacharelato

Xoves 29 de Xuño: 3º e 4º ESO.

Horario:

  • Venres 23 de xuño: de 9 a 14 horas 
  • Luns 26, Martes 27, Mércores 28 e Xoves 29 de xuño: de 9 a 14 e de 16:30 a 18:30.
  • De venres 30 de xuño a venres 7 de xullo: de 9 a 14 horas.

Que documentación se debe aportar?

  • Impreso de matrícula (ver ficheiros adxuntos)

  • Folla de datos, só no caso de alumnado que non estivese matriculado o curso pasado nun centro público galego.

  • Impreso de autorizacións de uso de imaxe e de recollida no centro.

  • Seguro Escolar:
    • Impreso do seguro escolar, para alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. O seguro escolar ten un importe de 1,12 €, cobrados no propio centro.  Pídese traer o importe exacto.

    • Copia da tarxeta sanitaria, para o alumnado de 1º e 2º ESO (non pagan seguro escolar)

  • Fotos recentes:

    • 2 o alumnado que se incorpora ao centro

    • 1 o alumnado xa matriculado no centro no curso 22-23

  • Copia do DNI

    • Para alumnado que se matrícula por primeira vez

    • no caso de alumnado xa matriculado no curso 22-23 só se aportará esta copia en caso de que non se entregara antes ou o documento fose renovado.

  • En caso de divorcio, copia da sentenza no relativo á custodia do menor. (non é preciso volver aportar este documento se xa se trouxo outro ano e non houbo modificacións ao respecto)

  • Só para alumnado de Bacharelato maior de 16 anos: impreso de autorización de saída do centro.

 

Convocatoria extraordinaria de Bacharelato: Calendario de exames

Tal como establece a orde de calendario do curso 2022-2023, os exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato terán lugar os díias 19, 20 e 21 de xuño. O calendario de exames figura neste arquivo.

 

Visita dunha profesora de Hungría

Na traxectoria internacional que estamos seguindo no IES Arcebispo Xelmírez II, tivemos con nós na semana do 8 de maio a Judit Tábori, unha profesora húngara do Xantus János Ket Tanítási Nyelvu Gimnázium de Budapest, realizando unha estancia de aprendizaxe por observación. Judit mostrou un interese especial na lingua galega e a forma na que se enfocaba o ensino da mesma dentro do centro. Foi un pracer contar con ela e intercambiar ideas sobre os sistemas educativos galego e húngaro, buscando sinerxias e transferencias entre ambos.

Café con-Vite no Xelmírez II

O martes 23 de maio ás 16:30 no IES Arcebispo Xelmírez II terá lugar un novo con-Vite, iniciativa de Vite Arquiva, no que Alfredo Santomil, Felicia Estévez, Manuel Amor e Rosa Álvarez falarán da relación establecida entre o centro e o barrio de Vite, que naceron con pouco tempo de diferenza. Moderan o coloquio Brais Neira e Antía Brandariz, que no marco do STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía) realizaron o traballo de investigación  Estudo antropolóxico e histórico do papel do IES Arcebispo Xelmírez II nos cambios do barrio de Vite (1976-2000)", dirixido pola investigadora do Incipit Cristina Sánchez Carretero. 

O coloquio terá lugar no Salón de Actos do instituto. Esperámosvos.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

 

 Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023

Achégase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24. 

 Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) 

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II)  dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou no centro, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.  Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.

Enquisa hora de ler para alumn@s

A Biblioteca do centro está elaborando unha enquisa da "Hora de ler"

Lanzamento da MARUMASAT V

Dentro do proxecto Marumasat, no que participa o IES Arcebispo Xelmírez II, este ano 2023 retomáronse as actividades ao máximo nivel: o 10 de maio lanzouse a V sonda estratosférica.

Viaxou ata Quiroga, e aquí tedes un avance do sucedido nesta inolvidable data.

 

 

Aquí está o enlace a un pequeno vídeo para abrir boca: https://1drv.ms/v/s!AhQmFdg3YAc8hLF9rvIukUZNsMbRPg?e=ZtB4dC.

 

Reclamacións á cualficacións finais: prazos e procedemento.

Coñecidas as cualificacións finais tras seren publicadas en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na oficina do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Xefatura Territorial.

Non se poderá recorrer á Xefatura Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Tanto na oficina como nesta páxina teñen as instancias para presentar reclamacións tanto ante o centro como ante a Xefatura Territorial.

Os prazos son os seguintes.

   2º Bacharelato 1º Bacharelato ESO
Avaliación ordinaria/final    Reclamación ante o centro 19 e 22 de maio 7 e 8 de xuño 26 e 27 de xuño
Reclamación ante a Xefatura Territorial 23 e 24 de maio 12 e 13 de xuño 29 e 30 de xuño
Avaliación extraordinaria Reclamación ante o centro 26 e 27 de xuño 26 e 27 de xuño  
Reclamación ante a Xefatur Territorial 29 e 30 de xuño 29 e 30 de xuño  

Bolsas "Jóvenes Talentos" Viaqua

Bolsa destinada a alumnado de 2º de BAC que queira facer estudios universitarios na CC.AA de Galicia, preferiblemente do perfíl STEAM. Requisito: media de BAC superior a 8.5

Información xeral. Enlace

Bases para solicitar as becas. Enlace

Formulario de solicitude

Documento de aceptación.

ABAU 2023. Instrucións de matrícula

Instrucións de matrícula

Para a matrícula nas probas de ABAU en realidade hai que realizar dous trámites:

1. Solicitar o título de Bacharel:

NOTA: Non facer o pago antes de recibir as notas de 2º de Bach

2. Prematrícula nas probas ABAU

                - presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, e hai que aportar no  centro o xustificante de pago.     

               - telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Instrucións Nerta

                     (Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)     

  • Documentación a aportar no centro para realizar a prematrícula:
    • Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
    • Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado.En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
    • Xustificante de pago de ABAU, -agás en caso de pagamento online-, por duplicado.
    • Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
    • Fotocopia do DNI
    • En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
    • En caso de Gratuidade: Documento acreditativo

 

PRAZO DE MATRÍCULA DO VENRES 19 AO LUNS 22 DE MAIO

Horario de atención no centro:

    • Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o venres 19 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 22 o alumnado restante. 
    •  O martes 23 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.

 ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES

As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.

Calendario de exames finais 2º de Bacharelato

Xuntamos calendario de exames finais para o alumnado de 2º de Bacharelato, a realizar desde o 9 ao 15 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut