Skip to Content

Intercambio coa Escola João de Meira en Guimarães

Entre os dias 16  e 21 de abril um grupo de quinze alunas de 2º e 3ºESO visitaram a escola João de Meira em Guimarães acompanhadas pelas professoras Alexandra Recarey e Carme Saborido.
As nossas estudantes puderam vivenciar experiências únicas na "cidade berço": partilharam aulas e refeições na cantina com vimaranenses do 8º ano da escola, passaram uns dias na Pousada da Juventude de Guimarães e ainda deram um pulinho até ao Porto. 
As atividades que a escola João de Meira programou foram muito ricas e variadas, até incluíram um paddy paper comandado pelos próprios alunos de lá. 
Além de ser uma experiência muito enriquecedora para as duas partes, as nossas alunas tiveram a oportunidade de interagir com alunado português e compreender as vantagens que a lusofonia oferece para quem é da Galiza.

 

Este intercâmbio permitiu uma melhor compreensão da cultura e dos costumes portugueses, ao mesmo tempo que fortaleceu relações entre as duas escolas. Bem haja para este projeto!
Guimaraes

Obradoiro de "crêpes".

O venres 14 de abril, tivemos a sorte de pasar toda a mañá con Jérémie. Veu ao noso centro coa súa incrible food truck "La Marinière". Ademais de falarnos de Bretaña e dos puntos en común con Galicia tamén nos preparou unhas "crêpes" estupendas.  Os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO actuaron facendo de vendedores/as, clientes pero tamén de cociñeiros/as e todo en francés, por suposto. Foi unha actividade moi entretida. Todo un éxito! O próximo ano repetiremos.


Fotos da actividade

Intercambio co alumnado do "Lycée Gabriel Fauré” de Annecy- marzo 2023

A mistura de nervios, ilusión e ganas de sumar experiencias fíxonos vivir un intercambio que nos levaremos para sempre. Sete días de convivencia nunha nova cidade, nunha nova familia, nun novo instituto e cuns novos compañeiros e compañeiras dos que gardaremos un cachiño no noso corazón.

Sete días de moitas clases diferentes, de francés, español ou economía, de camiñar polos Alpes por primeira vez, de tartiflette, de raclette, de crêpes e queixo, moito moito queixo. De caídas patinando e pelexas na neve, de abrazos e cancións, de buscar calquera excusa para arrincar a cantar cun par de culleres… Sete días de convivencia durante os que, persoas descoñecidas para nós, convertéronse en amigos e amigas.

Comeza a conta atrás para acollervos!

Ver máis fotos

Visita de dúas profesoras de Eslovaquia

A semana do 13 ao 17 de marzo recibimos no centro a visita de dúas profesoras de Eslovaquia, da Základná škola s materskou školou, en Hriňová, dentro do programa Erasmus+. Estiveron coñecendo o IES Arcebispo Xelmírez II, así como Santiago de Compostela e Galicia. Foron xornadas de intercambio de experiencias, con asistencia a clases e reunións co equipo directivo e o profesorado do centro.

Atención ao público en Semana Santa

Do luns 3 ao mércores 5 a oficina do centro atenderá urxencias , no teléfono 604031798, de 10 a 13 horas.

O luns 10 o horario da oficina será de 10:00 a 13:30 horas.

Bolsas do Ministerio de Educación y Formación Profesional para estudos postobrigatorios para o curso 2023/24

 

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2023/24

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2023-2024, para estudantes que cursen estudos Postobrigatorios ( Bacharelato, FP, Universidade e outros).

 As solicitudes faranse exclusivamente de forma telemática a través da Sede Electrónica do MEFP. O prazo de solicitude abrangue do día 27 de marzo ao 17 de maio de 2023,ambos inclusive.

Texto da convocatoria

Para máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

XV Concurso de Fotografía Matemática

Concurso de fotografía

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o XV Concurso de Fotografía Matemática. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro que se rexerá polas seguintes bases.

Apertura do prazo de solicitude de admisión en centros públicos para o curso 2023-2024

Do 1 de marzo, e ata o 20 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Se desexan que a súa filla ou seu fillo inicie estudos de FP, os prazos e procedementos son diferentes.

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

Atoparán a normativa vixente en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.pdf

Proceso de Admisión curso 2023-2024: Vacantes

Ante a próxima apertura do prazo de solicitude de admisión en centros educativos, no arquivo adxunto figuran as vacantes para o curso 2023-2024.

Visita a Philippsburg (Alemaña) dentro do programa Erasmus+

A semana do 16 ao 20 de xaneiro o profesor de tecnoloxía e xefe de estudos Moisés Iglesias viaxou a Philippsburg (Alemaña) dentro da acreditación Erasmus+ para visitar o Copernicus Gymnasium. Philippsburg é unha pequena vila no distrito de Karlsruhe (Baden-Württemberg), no sur de Alemaña. Os obxectivos da visita foron coñecer o sistema educativo alemán, en particular do estado de Baden-Württemberg, e o funcionamento dun centro educativo deste país, así como os intereses educativos da zona. Así mesmo, deu a coñecer Galicia e Santiago de Compostela ao alumnado de español, de feito tres alumnas deste centro visitarán Santiago en datas próximas. O instituto de secundaria Copernicus ten algo máis de oitocentos alumnos e alumnas e aproximadamente oitenta docentes. O intercambio de experiencias foi moi produtivo e, aínda que os sistemas educativos son moi diferentes, o impacto que esta visita terá no noso centro de seguro será significativo.

 

VII premio Ofelia Devesa de Educación Activa

Convócase o VII Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, ao que se pode presentar o alumnado do centro cunha curta divulgativa. Hai dúas categorías: para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, e para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. En cada unha delas entregaranse tres premios, dotados con 350, 250 e 150 euros.

Animamos a que todo o alumnado desenvolva a súa creatividade e participe neste premio. A data límite de entrega é o 29 de abril. Lembramos que o traballo presentado debe entregarse anonimamente, polo que na curta non deben figurar créditos que permitan identificar a súa autoría.

As bases da convocatoria pódense consultar no seguinte enlace

Participación no programa PIALE

O profesor Santiago Montero Vilar participou xunto con outros docentes no programa PIALE. O obxectivo do proxecto é a observación das metodoloxías pedagóxicas do sistema educativo canadense.

PIALE

Candidaturas para a renovación parcial do consello escolar.

En reunión de 16 de novembro, a Xunta Electoral responsable do proceso electoral para a renovación parcial do consello escolar do centro acordou aprobar as candidaturas que figuran no documento anexo, para os sectores de alumnado e de responsables legais do alumnado.

A xornada electoral será o 28 de novembro, en horario escolar para o alumnado, e de 18:00 a 21:00 para os responsables legais.

Convocatoria do proceso de elección para a renovación parcial e representantes no Consello Escolar

A Xunta Electoral que supervisará o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, tal como establece a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30/09), reunida con data de 02 de novembro, aprobou o seguinte calendario:  

 

-3 de novembro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro.

-4 a 14 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro, mediante o impreso adxunto; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro.

-16 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobacióndos censos electorais definitivos por parte da Xunta Electoral. Sorteo das mesas electorais dos sectores de nais/pais/titores legais, e alumnado.

-17 e 18 de novembro: prazo de reclamación á proclamación das candidaturas

-17 a 25 de novembro: campaña electoral..

-28 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores..

-30 de novembro: proclamación de candidatos electos.

Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.

No sector de nais e pais hai que  elixir un representante. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

No sector de alumnado hai que elixir dous representantes. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

Día das bibliotecas

Baixo o lema “BiblioTEcuida” celébrase o 24 de outubro o día das Bibliotecas e dende o noso centro queremos celebralo contigo. Agardámoste durante os recreos. 

¡Vente!

Tes máis información neste enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut