Skip to Content

II Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Ceremonia de entrega de premios

O pasado venres tivo lugar no IES Arcebispo Xelmírez II a ceremonia de entrega dospremios Ofelia Devesa de Educación Activa 2016-2017. A temática do premio, xa na súa segunda edición, foi neste curso a divulgación de experiencias innovadoras. Durante a gala de entrega de premios, proxectáronse no salón de actos do centro os videos presentados polo alumnado participante, antes de comunicar os nomes dos gañadores e proceder á entrega de diplomas.

Xunto coas alumnas e os alumnos premiados, na imaxe sobre estas liñas, de esquerda a dereita: Manuel Otero Raña, profesor xubilado do IES Arcebispo Xelmírez II; Moisés Iglesias González, profesor de tecnoloxía e coordinador TIC do centro: Ana María Carbajo Regueiro, experta en deseño gráfico e multimedia e exalumna do centro; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Complutense de Madrid, exalumno do Instituto Arcebispo Xelmírez e promotor do premio; Ana María Alonso Rodríguez, directora do centro; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Manuel Dios Diz, Concelleiro de educación e cidadanía de Santiago de Compostela.

Finalmente os alumnos e alumnas premiados foron: 

1º premio: Laura Prado López de 2º BAC

2º premio: Eva Carollo Brea, Yadhira González Sabel e Patricia Otero Calviño de 1º BAC.

3º premio: Carlos Bermúdez Cid, Alejandro García Gendra e Cristian Mirás Varela de 1º BAC.

Parabéns aos gañadores e, en xeral, a todos os participantes polo seu esforzo e pola excelente calidade dos seus traballos. Agardámosvos a todos no vindeiro curso 2017-2018 no que será xa o III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa.

Tamén podedes ver a nova no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e no xornal La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/06/03/span-langglprem...



story | by Dr. Radut