Skip to Content

III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Convocatoria

O IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela convoca anualmente o Premio Ofelia Devesa de Educación Activa que ten como finalidade promover a investigación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria.

O premio foi instituído, no curso 2015-2016, por Carlos Lema Devesa (Santiago, 1951), catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid, como homenaxe á súa nai polo esforzo que ela fixo para que os seus fillos estudasen. Carlos Lema é, en certo modo, exalumno do centro. Estudou, desde 1961, no antigo Instituto Gelmírez, catro anos no edificio de Mazarelos e dous no de San Caetano.

 Aquí podedes consultar o texto das Bases da terceira edición



page | by Dr. Radut