Skip to Content

Visita do alumnado de Antropoloxía á exposición "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido" na Cidade da Cultura de Galicia

 A Fundación Cisneros recopilou, durante máis de 30 anos, máis obxectos etnográficos  (mostras da artesanía, e os utensilios da vida diaria) das12 etnias da ribeira do río Orinoco: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Hoti, Wakuenai (Curripaco), Baniwa (Baniva), Baré, Puinave, Warekena e Tsase (Piapoco). Máis tarde s umáronse as coleccións do etnógrafo Edgardo González Niño e de Walter Coppens.

A través da contemplación de adornos corporais, instrumentos musicales, máscaras, cestería, plumarios, obxectos de uso cotiá e outros de carácter máxico-relixioso, construidos con materiais da selva, partes de animais, prantas e minerales, o alumno tivo ocasión de achegarse a unha das rexións máis inaccesibles do planeta. Poideron ver tamén como, a pesar da distancia e algunhas das respostas que esa culturas remotas para determinados desafíos ambientais, non difiren moito das da cultura propia: embarcacións, remos, instrumentos de pesca, gardan semellanzas sorprendentes cos que aínda non hai moito se usaban no río Sil ou no Ulla.

Ademáis de admirar e entender a importancia de dar a coñecer e preservar obxectos que nos achegan á vida cotiá  das tribus indígenas, tomaron conciencia da situación dalgúns dos pobos e culturas cuxa existencia está en situación de risco. En todas as épocas, o contacto e maila intercomunicación cultural, enriqueceron e fixeron medrar algunhas culturas,e supuxeron a desaparición de outras. Aínda que no presente, o grande reto dende o punto de vista ético é procurar un modelo cultural homologable universalmente, resultado de achegas de todas as culturas, o gran risco é a imposición universal dun modelo cultural.

 A diversificación cultural que constituía a orixinalidade da humanidade e sustituía no psicosocial a diversificación biolóxica, tende a desaparecer hoxe en día. Dous ou tres séculos atrás unha certa conxuntura histórica empezou a impoñer a cultura occidental europea como cultura dominante, a un sector cada vez maior da especie humana. O avance tecnolóxico de occidente e as condicións que reinaron durante todo o período industrial (que foi tamén o período colonial) deron unha maior amplitude a este movemento e despois das transformacións económicas e políticas que tiveron lugar trala Segunda Guerra Mundial, moitas culturas tradicionais iniciaron un rápido proceso de desaparición.

Para o grupo humano, este empobrecemento cultural é tan perigoso como o empobrecemento xenético para un grupo animal: tanto se se sitúa no nivel biolóxico como no nivel cultural, o monomorfismo comporta os mesmos perigos. Desde hai algúns anos inténtase protexer as especies en vías de desaparición. Faría falla protexer as culturas ameazadas coa mesma preocupación, xa que a súa multiplicidade constitúe a riqueza da humanidade e a súa garantía de supervivecia” (Ruffié, J.; De la Biología a la cultura )

 

OBXECTIVOS

OB01: Adquirir unha visión científica do ser humano, atendendo á súa dimensión biolóxica e a cultural.

OB02: Coñecer, comprender e asumir as diferenzas e valorar a súa importancia para a supervivencia da especie nun mundo cada vez máis intercomunicado.

OB03: Adoptar, fronte ao feito da diversidade cultural e biolóxica, unha perspectiva integradora, que supere o etnocentrismo e o relativismo, que posibilite o recoñecemento libre de prexuízos e a relación responsable coas outras persoas.

OB04: Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e a cultura humanas.

OB05: Fomentar actitudes de tolerancia que faciliten o diálogo entre as culturas.

OB09: Transferir os coñecementos adquiridos á análise dos problemas fundamentais do mundo actual co fin de comprender as súas causas e implicarse activamente nas súas solucións

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
2013-12-12 11.31.46.jpg1.78 MB
2013-12-12 12.10.10.jpg1.8 MB
2013-12-12 12.17.44.jpg2.25 MB
2013-12-12 12.29.24.jpg1.51 MB


blog | by Dr. Radut