Skip to Content

Inicio de curso

Debido á necesidade de manter a distancia de seguridade, que limita o aforo do salón de actos, onde teñen lugar as presentacións dos grupos, o inicio de curso terá o seguinte calendario:

 

MÉRCORES 15

Presentación de 1º, 2º e 3º ESO.

O alumado permanecerá no centro no horario ordinario, de 08:30 a 14:10.

Haberá servizo de autobús escolar no horario habitual.

O xoves e o venres este alumnado de 1º, 2º e 3º ESO terá o seu horario normal.

 

XOVES 16

Presentacións de 4º ESO, 1º e 2º BACHARELATO.

O alumnado de 4º ESO, que terá o servizo de autobús escolar no horario habitual, permanecerá no centro no horario ordinario, de 08:30 a 14:10.

O alumnado de Bacharelato asistirá unicamente á presentación, co seguinte horario:

 

1º BAC-A, 1º BAC-B: 10:30-11:20

1º BAC-C, 1º BAC-D: 11:20-12:10

 

2º BAC-A, 2º BAC-B: 12:30-13:20

2º BAC-C, 2º BAC-D: 13:20-14:10

 

VENRES 17

Clases para tódolos grupos no horario habitual.



story | by Dr. Radut