Skip to Content

Novas

Convocatorias abertas

  • Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato,FP e Universidade). Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Enlace

Visita a Philippsburg (Alemaña) dentro do programa Erasmus+

A semana do 16 ao 20 de xaneiro o profesor de tecnoloxía e xefe de estudos Moisés Iglesias viaxou a Philippsburg (Alemaña) dentro da acreditación Erasmus+ para visitar o Copernicus Gymnasium. Philippsburg é unha pequena vila no distrito de Karlsruhe (Baden-Württemberg), no sur de Alemaña. Os obxectivos da visita foron coñecer o sistema educativo alemán, en particular do estado de Baden-Württemberg, e o funcionamento dun centro educativo deste país, así como os intereses educativos da zona. Así mesmo, deu a coñecer Galicia e Santiago de Compostela ao alumnado de español, de feito tres alumnas deste centro visitarán Santiago en datas próximas. O instituto de secundaria Copernicus ten algo máis de oitocentos alumnos e alumnas e aproximadamente oitenta docentes. O intercambio de experiencias foi moi produtivo e, aínda que os sistemas educativos son moi diferentes, o impacto que esta visita terá no noso centro de seguro será significativo.

 

Libros de texto 2022/23

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022/23.

Calendario de fin de curso 2021/22

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2021-22, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis.

Calendarios de admisión a ciclos de FP e cursos de especialización. Curso 2022/23

Nos documentos que se xuntan pódense consultar os prazos do proceso de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2022/23. Na páxina de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade tedes máis información sobre a oferta formativa e outros aspectos relacionados con este proceso.

Calendario exames convocatoria extraordinaria de bacharelato

Xúntase calendario de exames correspondentes á avaliación extraordinaria de bacharelato, que terán lugar desde o luns 20 de xuño ao mércores 22 de xuño, ambos incluídos.

 

Reclamacións ás cualificacións finais

A circular 1/2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade precisa, para segundo de bacharelato, aspectos da Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de reclamación ás cualificacións finais. A continuación figuran os enlaces a ambos documentos, así como os modelos de escrito de reclamación, tanto ante a dirección do centro como ante a Xefatura Territorial. 

No caso de 2º de Bacharelato, o prazo de reclamacións ás cualificación finais ante o centro abrangue os días 19 e 20 de maio no caso da convocatoria ordinaria, e 27 e 28 de xuño no caso da convocatoria extraordinaria. 

Con carácter xeral, para o resto de grupos, o prazo de reclamación ante o centro é de dous días lectivos ou hábiles despois da publicación das cualificacións da avaliación ordinaria ou extraordinaria.

Ligazóns:

Texto da circular 1/2022

Texto da Orde do 2 de marzo de 2021

Modelos de reclamación:

Impreso de reclamación ante o centro

Impreso de reclamación ante a Xefatura Territorial

Modelo de solicitude de copia de exames e probas

No arquivo que se xunta teñen o modelo para a solicitude de copia de exames e probas. Este modelo debe ser asinado por un adulto (pai/nai/titor legal) e presentado na oficina do centro.

Información importante respecto a esta solicitude:
    • Recomendamos pedir unha titoría co/a profesor/a ou co/a titor/a do/a alumno/a antes da solicitude para aclarar criterios de corrección, erros cometidos, etc.
    • Non se facilitarán orixinais dos exames, só copia dos mesmos.
    • A competencia de avaliar e cualificar é da persoa docente, á que administrativamente se lle recoñece presunción de obxectividade e certeza, baixo o principio de discrecionalidad técnica.
    • Esta solicitude de copia non inicia de ningún modo un proceso de reclamación dos citados exames.  A revisión dunha cualificación corresponde á Administración, nun proceso de reclamación, na avaliación final ordinaria ou extraordinaria.
    • Só a persoa solicitante ou persoa en quen delegue (con autorización por escrito e copia dos DNI da persoa solicitante e da autorizada) poderá recoller as copias dos exames. A recollida será presencial e non se admitirá ningún outro medio.
    • Cando as copias estean dispoñibles a persoa solicitante será informada para que pase á súa recollida.
    • A persoa solicitante deberá proceder ao pago das tasas correspondentes por copia de documentos (0,10 €/copia).

 

Inicio de curso

Debido á necesidade de manter a distancia de seguridade, que limita o aforo do salón de actos, onde teñen lugar as presentacións dos grupos, o inicio de curso terá o seguinte calendario:

 

MÉRCORES 15

Presentación de 1º, 2º e 3º ESO.

O alumado permanecerá no centro no horario ordinario, de 08:30 a 14:10.

Haberá servizo de autobús escolar no horario habitual.

O xoves e o venres este alumnado de 1º, 2º e 3º ESO terá o seu horario normal.

 

XOVES 16

Presentacións de 4º ESO, 1º e 2º BACHARELATO.

Calendario de setembro 2021

Calendario de setembro 2021:

  • Mércores 1 e xoves 2 de setembro: 

  • Venres 3:

    • 09:00 h.
      • Publicación das notas de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato en Abalar. Entrega dos boletíns en oficina. O alumnado que dispón de AbalarMóbil non é preceptivo que veña recoller os boletíns.
      • Recollida de libros para o alumnado de 3º ESO e 4º ESO na aula de vídeo.
    • A partir das 09:00 h.  Matrícula do alumnado que cursou 3º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato neste curso 2020/21.
    • 12:00-13:30 h Revisión de exames. O profesorado estará dispoñible para aclarar dúbidas sobre as cualificacións e para o alumnado que solicite revisar exames.
  • Luns 6:

    • 09:00 h.
      • Publicación das notas de 1º ESO e 2º ESO en Abalar. Entrega dos boletíns en oficina.

Calendario de exames de setembro

Xúntase calendario de exames de setembro.

Curso 2020-2021: Calendario final de curso

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2020-21, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis

Calendario exames extraordinarios 2º de Bacharelato

No ficheiro que se xunta poden consultarse as datas dos exames da convocatoria extraordinaria para 2º de Bacharelato, que terán lugar o 21 e 22 de xuño.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

As familias poderán solicitar den de hoxe día 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, e participar no Fondo Solidario de Libros de Texto. Achégase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Declaración responsable

Lembramos ás familias que o protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade contra a covid-19 establece a obrigatoriedade por parte das familias antes de enviar os/as alumnos/as ao centro da realización dunha enquisa de autoavaliación covid.

Por outro lado, deben cubrir e asinar a seguinte declaración responsable a principios de curso, que deben entregar ao titor na primeira quincena de curso.

Para máis información remitimos ás instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre medidas a adoptar na volta segura ás aulas

Distribuir contido


by Dr. Radut