Skip to Content

Información xeral

Curso 2019-20

Os contratos-programa establecen as condicións para desenvolver nos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino. O noso centro elaborará o plan sobre catro actuacións:

4. CON-VIVE

Desenvolve medidas que favorecen o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, a mellora da intelixencia emocional, e outras accións similares.

Obxectivos:

  • Identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa.
  • Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre o profesorado, o alumnado e entre os dous colectivos.
  • Estimular as competencias emocionais no alumnado (obradoiros de habilidades sociais, de autocoñecemento e outros similares).
  • Mellorar a competencia social e cívica (CSC).
  • Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar.
  • Promover medidas que fomenten a convivencia positiva.

5. INCLÚE-T

Desenvolve medidas que fomentan e melloran a inclusión no centro dirixidas: á atención á diversidade, á inclusión educativa do alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo e á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas similares.

Obxectivos:

  • Favorecer a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos, como o alumnado inmigrante, o retornado ou que está en risco de exclusión social.
  • Desenvolver estratexias referidas á inclusión e facer fincapé na equidade educativa no desenvolvemento das actividades transversais do centro e actividades grupo-aula.
  • Promover medidas que xeren e visualicen a INCLUSIÓN dende unha perspectiva ampla.

6. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Trátase de reducir a taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo. Para isto desenvolvense medidas específicas nas zonas con menor índice de graduación na ESO e maiores taxas de abandono escolar.

O alumnado destinatario é o que presenta risco de abandono temperán ou de absentismo escolar.

Obxectivos:

  • Atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e aos seus intereses, para seguir avanzando na súa aprendizaxe diminuíndo o risco de abandono ou desinterese.
  • Identificar as dificultades do alumnado relacionadas co seu estilo de aprendizaxe e desenvolver habilidades e técnicas de traballo intelectual.
  • Mellorar a adquisición das competencias clave no alumnado en risco de abandono escolar.
  • Reducir os niveis de fracaso escolar no ensino obrigatorio.
  • Promover a participación de todo o alumnado nas actividades do centro, potenciando a motivación e o interese por continuar os seus estudos.
  • Impulsar a coordinación entre organizacións e institucións do contorno para diminuír o abandono escolar temperán.

7. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Con esta actuación trátase de darlle resposta ao alumnado con maior motivación para aprender. Supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolven iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado. Esta actuación pode integrar alumnado dos centros educativos do seu contorno.

Estas iniciativas tradúcense na planificación de diferentes obradoiros nos que ao longo do curso se traballará de forma cooperativa nun proxecto co fin de obter un produto final. Pódense canalizar a través desta vía as semanas culturais ou científicas, a participación en programas educativos externos ao centro e, en xeral, o traballo por proxectos.

O alumnado destinatario é o que presenta unha destacada motivación para aprender

Obxectivos:

  • Atender o alumnado con maior motivación para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e aos seus intereses co fin de seguir avanzando na súa aprendizaxe e na adquisición de competencias.
  • Mellorar os niveis de rendemento e os resultados deste alumnado para desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar os niveis de excelencia do sistema educativo.
  • Potenciar a adquisición de competencias a través do traballo por proxectos.
  • Impulsar o interese do alumnado polo traballo cooperativo.

Máis información en Contratos-Programa



bloque | by Dr. Radut