Skip to Content

A Patela dos Libros

A Patela dos Libros, ten novo mobiliario! Agardamos que che guste tanto como a nós!

 

Convocatoria Asamblea ANPA IESP A CACHADA

Estimadas familias , desde o centro informamos da convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA IESP A CACHADA que terá lugar no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO SOCIAL DE BOIRO o xoves 20 de outubro.   

Recomendacións lectoras

Remataches un libro? Non sabes cal vai ser a túa próxima lectura?

A Patela dos Libros (nome co que se bautizou a Biblioteca do noso centro hai xa uns anos, o cal queremos recuperar), faiche as seguintes recomendacións...  emprega a presentación para moverte nas diferentes seccións segundo as túas preferencias lectoras (idioma, curso). 

Agardamos que sexa de utilidade! Guiño

HORA DE LER

 

Comprácenos comunicarvos que o próximo luns 19 de setembro a 1º hora comezamos coa Hora de Ler, unha das iniciativas que recollemos no PLAMBE.

A Hora de Ler consiste nunha hora de lectura totalmente libre (o alumnado lerá o libro e xénero que queira), sen pedirlle ningún tipo de actividade sobre a mesma. Para o alumnado que esqueza traer o seu libro da casa, o profesorado pode procionarlle lecturas (libros, artigos, revistas...) ou mandarlle escribir un relato seguindo unhas indicacións que daremos cada semana.

Cada semana a Hora de Ler cadrará nunha hora de clase diferente, empezamos o vindeiro luns a primeira hora, para a semana seguinte será o luns a segunda hora, para o próximo o luns a terceira e así sucesivamente ata final de curso: 

Se tes algunha dúbida, consulta a Guía da Hora de Ler.

Non esquezades traer os vosos libros, e se queredes probar novas lecturas,  pasádevos pola biblioteca.Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut