Skip to Content

Apertura do Prazo para a solicitude de Bolsas para o curso 22/23

Prezadas familias, 
 
pola presente comunicamos que este ano adiántase o prazo de solicitude para as becas/bolsas de axuda ao estudo que irá do 30 de marzo ao 12 de maio. É necesario solicitar  a beca neste prazo aínda que o seu fillo ou filla  non se matriculara nos estudios que lle interesan, non saiba o que vai estudar ou, incluso, non saiba se vai estudar ou non. Deberán indicar os estudos que, a día de hoxe, ven máis probables. 

LOMLOE · Cambios na avaliación e promoción

Pautas de presentación de tarefas

 

 

Nesta ligazón poderedes atopar un documento elaborado e aprobado pola CCP do centro que servirá de referencia para a elaboración de traballos, presentación de tarefas, comunicacións, etc. do noso alumnado.

Ao longo desta semana e a vindeira vai ser distribuído e explicado nas sesións de titoría. Tamén o podedes atopar aquí en formato pdf.

Día da paz 2022

Quixemos conmemorar o día da Paz cun partido de fútbol ó estilo do que Gran Bretaña e Alemania xogaran no 1914. Dadas as limitacións COVID, non fomos autorizados. No seu lugar, deseñamos esta exposición de murais sobre países que están en conflito bélico actualmente.

 

 

 

 

DAFO Sociolingüístico

O equipo do EDL vén de facer unha análise DAFO da situación sociolingüística no noso insti, logo da enquisa que se pasou a todo o alumnado durante o 1º trimestre. Spoiler: baixa o número de persoas galegoparlantes e a nosa lingua reloce pola súa ausencia nos ámbitos de ocio do alumnado (redes sociais, videoxogos, audiovisual) :/

DAFO sociolingüístico

O equipo de EDL do noso centro vén de analizar a enquisa sociolingüística pasada ó alumnado, e aquí tedes as conclusións en modo DAFO. Spoiler: a perda de galegofalantes é enorme e o noso alumnado usa moi pouco a nosa lingua nas súas contornas dixitais habituais :/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut