Skip to Content

blogue deflor.cachada

Recollida de lixo en praia Barraña. Asociación Chelonia -Equipo CdC 2°

Os días 8 de novembro  e 14 de marzo, o equipo CdC 2º, realizou unha actividade de recollida de lixo en praia Barraña da man da Asociación Chelonia, logo de que nos deran unha charla explicativa e enmarcada dentro do seu proxecto "Mares Circulares", proxecto de limpeza de costas e fondos mariños.

Datos da 1a recollida: Dos 71kg de lixo que se recolleron, o 66% foron residuos plásticos procedentes da pesca. 

Datos da 2a recollida: 27 bolsas, dos 71,61 kg que se recolleron o 58,01% foron residuos plásticos. Nesta saída reclasificamos os residuos plásticos, dos 41,54 kg de plástico, o 20,88 kg foron topes das bateas acadando uns 1388 fragmentos nuns 700m de praia percorridos.

 Adxuntamos gráficos cos datos das recollidas.

 

Convenio co Concello para préstamo de medidores de radon

O martes 8 de febreiro, firmamos o convenio co Concello para o préstamo de 3 medidores de radon que nos axudarán a darlle continuidade e rapidez ó traballo de investigación que desde o Club de Ciencia estamos a desenvolver desde o 2018, coa medición deste gas radiactivo nas vivendas. 

 

.

Máquina de movemento perpetuo 2º ESO

 O alumnado de 2° asumiu o reto de facer funcionar unha máquina de movemento perpetuo e así violar as leis da termodinámica. Fixemos deseño e construción da maqueta da máquina en cartón coa idea de continuar no 2° trimestre en madeira. Conseguirémola facer funcionar indefinidamente?. Estade atentos.

Boletíns para preparar examen de Setembro 2020

Aquí vos deixamos os enlaces dos boletíns cos contidos e exercicios que vos axudarán a preparar a proba telemática tipo test de setembro.  Boletíns que atoparedes tamén colgados no classroom do insti.

Boletín 2º ESO

https://docs.google.com/document/d/1lPxYPOHZ2d10yYJoxbvUJuiKqkcDzGAZEn8m...

Boletín 3º ESO

https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vSkC0CAJAoRO4l_TvrzVLx8B9fJx9bJc0rrgOK4LcJcLvcI3iC9nxOZD5xbEUl1hSggq4aZQMyDk3Pe/pub

Boletín 4º ESO

https://docs.google.com/document/d/1TacI8zbcBSRvUl-sFKiPdWbvBOac2WyVPg6b...

  Para calquera dúbida, recordamos os correos electrónicos das profesoras de Tecnoloxía:

Construción de instrumentos meteorolóxicos - COVID

Durante o confinamento, os experimentos do CdC continuaron de diversos xeitos. Un deles, o máis práctico, foi o das alumnas de 2º: construír distintos instrumentos meteorolóxicos que lles permitisen medir magnitudes físicas como a presión, temperatura, humidade e velocidade do vento, creando así a súa propia estación meteorolóxica caseira.

Velaquí o traballo dos distintos experimentos que fixeron: termómetro, anemómetro, higrómetro e barómetro.

 

 

Máscaras de tea-COVID

Trátase dunha actividade interdisciplinar en colaboracion co departamento de galego e interxeracional na que o alumnado de 2º a 4º ESO fabrica a súa propia máscara de tea, seleccionando o material de reciclaxe máis axeitado para reducir o contaxio do Covid-19.

Aquí deixamos algún dos traballos feitos polo alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut