Skip to Content

blogue deflor.cachada

Día da Ciencia. Charla de bioconstrución 1° ESO.

Celebramos o Día da Ciencia este martes nun evento que tivo lugar no Pazo de Goiáns, onde se exhibiron un amplo catálogo de actividades científicas e tecnolóxicas propostas dende o instituto A Cachada e o IES Espiñeira. Nos obradoiros no que participaron parte do noso alumnado de Tecno incluimos varios temas: como a enerxía (de onde vén, como ista non vai durar sempre, o seu aforro e a inexistencia dun planeta B) así como unha charla para o alumnado de 1° ESO sobre a restauración da Torre do Pazo de Goiáns, feita baixo criterios de bioconstrución, que correu a cargo do arquitecto municipal de Boiro, Emilio Piña.

 

 

 

Recollida e transformación de residuos plásticos nas nosas praias

O alumnado voluntario do Club de Ciencia comenzamos este curso 22/23 sumando conciencias: recollendo residuos plásticos en praia Barraña e fomentando un cambio de hábitos sabendo que un obxecto de plástico que usamos uns minutos, tardan anos en degradarse. Para iso, colaboramos coa asociación limpOcean e os plásticos que acabábamos de recoller, transformámolos grazas a unha extrusora de plástico comprada polo Concello en macetas (que usaremos para o noso horto autóctono) e trompos.

Unha aventura aérea

Desde o dpto de Tecnoloxía invertindo tempo en que os nosos cativ@s voen alto e sumen vocacións. Visita á Aula Newton para participar na actividade “Volamos con números: unha aventura aérea” o que lles permitiu achegarse a equipos de simulación de vuelo.

Clausura CdC+Sustentabilidade 21/22

Para clausurar o proxecto CdC+ Sustentabilidade decidimos conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente cunha exposición de fotos das actividades, resultados das investigacións, artigos de prensa, audiovisual, prototipos e maquetas. Todo o traballo está resumido nesta presentación, que engloba as 3 liñas de actuación:

  • Boihaus: estudo das nosas vivendas, prototipo urbanístico do Boiro do futuro e máquinas de movemento perpetuo para posibilitar as enerxías alternativas; Redes de abastecemento e saneamento de auga; A Casiña dos maios: bioconstrución e saúde, restauración e pintura da fachada.
  • Boiro é un organismo vivo: plantas invasoras, limpeza de lixo na praia, dioramas de ecosistemas; procura de novos antibióticos e microalgas; Ciencia cidadá: radon e micropláticos.
  • Divulgación: Paseo de Jane para reivindicar o espazo urbano e describir as investigacións elaboradas no curso; Mercado intercambio de segunda man (15 marzo); Charlas IFGAE e Hidróxeno verde; Genially de Wolframio no Barbanza.

Distribuir contido


by Dr. Radut