Skip to Content

Blogue de Laura

A NOSA ÁRBORE

CON MATERIAL DE REFUGALLO (ENVASES DE IOGURTES, TAPÓNS E VASOS) TOD@S @S NEN@S DE INFANTIL, ELABORAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL. 

 

 

XOGO LIBRE CON REGRETAS

 

 

O NÚMERO 10 E A DECENA

PARA TRABALLARMOS O CONCEPTO DE DECENA:

- AGRUPAMOS 10 PAUS E UNÍMOLOS CON UNHA GOMA ELÁSTICA.

- SUMAMOS CANTOS GRUPOS TEMOS DE 10.

- CONTAMOS OS GRUPOS FEITOS, REALIZANDO SUMAS DE 10 EN 10.

- OBSERVAMOS O CUADRANTE DO 100 COMO REFERENTE.

 

   

ESCRIBIMOS A NOSA    CONCLUSIÓN:

 "10 PAQUETES DE 10 SON 100".

 

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

CONTACOMIGO DECEMBRO

O MÉRCORES VISITOUNOS A SANDRA, A NAI DA AINARA PARA NOS CONTAR UN CONTO MOI ESPECIAL RELACIONADO CO PROXECTO ECOTEO. TOD@S ESTABAN ATENT@S E RESPONDERON AS PREGUNTAS SOBRE A RECICLAXE.

DEUNOS EN PRESENTE O LIBRO: BOB ESPONJA AL RESCATE! QUE TRATA A POSTA EN MARCHA DO PRIMEIRO CENTRO DE RECICLAXE EN FONDO DE BIQUINI. GRAZAS, SANDRA!

 

NOVEMBRO

ESTE É O REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE NOVEMBRO. A XEFA DO DÍA REALIZOU A TAREFA DE CONTAR E REPRESENTAR OS DÍAS DE SOL, CHUVIA, SOL CON NUBES OU NUBRADOS.

NOMES DE MONSTROS

O CONTO DE HOXE: YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI, DEUNOS A IDEA DE ESCRIBIR OS NOSOS NOMES AO REVÉS. FOI DIVERTIDO TENTARMOS LER OS NOMES DE TOD@S DESTE XEITO.

OS NOSOS NÚMEROS DE TELÉFONO

PARA TRABALLARMOS OS NOSOS NÚMEROS DE TELÉFONO, REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.

- FACER OS NÚMEROS CON PLASTILINA, MONTALOS CON NÚMEROS DE MADEIRA.

- RECORTAR E PEGAR OS NÚMEROS EN PAPEL.

- ESCRIBIR NA PIZARRA BRANCA E MARCAR NO TELÉFONO.

O NOSO ENDEREZO

ESTAMOS A APRENDER O NOSO ENDEREZO, NÚMERO DE RÚA, CASA/PISO...INTENTAMOS LER NAS TARXETAS, PROCURAR OS NÚMEROS NO CUADRANTE E ESCRIBILOS.

  

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O VENRES CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. FALAMOS, PENSAMOS E PLASMAMOS EN CARTOLINA TRES LEMAS:

-"CÁLMATE, TRANQUILÍZATE"

-"OS CHICOS E AS CHICAS SON IGUAIS"

-"NON SEXAS MALO, BRUTO E PEGÓN"

ELABORAMOS E DECORAMOS UNHA CAMISETA NEGRA CON OUTRA DAS FRASES QUE INVENTAMOS ("PROTEXE A TÚA FAMILIA. QUÉRETE") PARA PARTICIPARMOS NA LECTURA DO MANIFESTO DE TODO O COLE.

DESEÑAMOS POR PARELLAS CARAS TRISTES (CONTRA DA VIOLENCIA) E CONTENTAS (QUEREMOS SER FELICES) NAS PALMAS D@S COMPAÑEIR@S.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut