Skip to Content

Blogue de Laura

OS NOSOS NÚMEROS DE TELÉFONO

PARA TRABALLARMOS OS NOSOS NÚMEROS DE TELÉFONO, REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.

- FACER OS NÚMEROS CON PLASTILINA, MONTALOS CON NÚMEROS DE MADEIRA.

- RECORTAR E PEGAR OS NÚMEROS EN PAPEL.

- ESCRIBIR NA PIZARRA BRANCA E MARCAR NO TELÉFONO.

O NOSO ENDEREZO

ESTAMOS A APRENDER O NOSO ENDEREZO, NÚMERO DE RÚA, CASA/PISO...INTENTAMOS LER NAS TARXETAS, PROCURAR OS NÚMEROS NO CUADRANTE E ESCRIBILOS.

  

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O VENRES CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. FALAMOS, PENSAMOS E PLASMAMOS EN CARTOLINA TRES LEMAS:

-"CÁLMATE, TRANQUILÍZATE"

-"OS CHICOS E AS CHICAS SON IGUAIS"

-"NON SEXAS MALO, BRUTO E PEGÓN"

ELABORAMOS E DECORAMOS UNHA CAMISETA NEGRA CON OUTRA DAS FRASES QUE INVENTAMOS ("PROTEXE A TÚA FAMILIA. QUÉRETE") PARA PARTICIPARMOS NA LECTURA DO MANIFESTO DE TODO O COLE.

DESEÑAMOS POR PARELLAS CARAS TRISTES (CONTRA DA VIOLENCIA) E CONTENTAS (QUEREMOS SER FELICES) NAS PALMAS D@S COMPAÑEIR@S.

 

ECOTEO

COMEZAMOS O PROXECTO RESPONDENDO AS PREGUNTAS DO ROKI CUN XOGO DE CLASIFICACIÓN.          

 

DESEÑAMOS E DECORAMOS O NOSO CHALECO PARA @ ENCARGAD@ DO DÍA. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RELAXACIÓN

MOITAS VECES PRECISAMOS DE MOMENTOS RELAXANTES. DESPOIS, SENTÍMONOS MELLOR PARA CONTINUAR.

 

ALTURA

TRABALLAMOS:

-UNIDADES DE MEDIDA: M E CM

-ALTURA ESTIMADA E REAL (UTILIZAMOS UNHA CINTA MÉTRICA).

-PROCURAMOS COMPAÑEIR@S DA MESMA ALTURA E ORDENÁMONOS SEGUINDO DISTINTOS CRITERIOS.

-USAMOS A BEE BOT PARA ATOPAR A REPRESENTACIÓN NUMÉRICA DAS NOSAS ALTURAS.

       

COMEZAMOS O "CONTACOMIGO"

COMEZAMOS O CONTACOMIGO COA IRIA, A NAI DE MARCOS! A NOSA CONTACONTOS ESPECIAL, FACÍANOS DICIR PALABRAS MÁXICAS PARA CONTINUARMOS A HISTORIA DE MICKEY EN RELACIÓN COA NATUREZA.

 

 

GRAZAS, IRIA!

REXISTRO DO MES DE OUTUBRO

ANOTAMOS O TEMPO ATMOSFÉRICO DE CADA DÍA PARA FACER UN RECONTO AO REMATAR O MES. ESTE É O REXISTRO DO MES DE OUTUBRO.

SAMAÍN

MISTERIO RESOLTO!

DESCUBRIMOS QUE ROKI NOS DEIXARA AS PISTAS PARA IR Á BIBLIOTECA E TROCAR O QUEBRACABEZAS POR UNHA CARTA. O PROXECTO VAI COMEZAR!

Distribuir contido


by Dr. Radut