Skip to Content

Blogue de Laura

ENTROIDIÑO 2019

NA SEMANA DO ENTROIDO, CADA DÍA TROUXEMOS UNHA COUSA QUE NOS MANDABA O NOSO MECO. APROVEITAMOS PARA TRABALLAR A CONCIENCIA FONOLÓXICA DO VOCABULARIO RELACIONADO, EMPREGANDO DIVERSOS ELEMENTOS PARA REPRESENTAR A SÚA GRAFÍA E DESEÑAMOS A NOSA MAQUILLAXE ENTROIDAL.

   

 

  

 

AS NOSAS ASEMBLEAS

NA ASEMBLEA DE HOXE (ADEMAIS DAS RUTINAS DIARIAS) FIXEMOS:

- O RECONTO DO TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE FEBREIRO

- A XEFA DO DÍA ESCRIBIU NOMES DE DISFRACES E TIÑAMOS QUE LER. PREVIAMENTE, FALAMOS DO NOSO ENTROIDO

- SUMAS

-LECTURA E MEMORIZACIÓN DO POEMA O PIÑEIRO (ESTE MES CELEBRAREMOS O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA).

BRIGADAS DE LIMPEZA 6º INFANTIL A

ESTA SEMANA FOMOS @S ENCARGAD@S DE RECOLLER O LIXO DO PATIO. FIXEMOS 4 EQUIPAS DE 4 NEN@S, DOUS COLLÍAN O LIXO COAS LUVAS E @S OUTR@S LEVABAN O SACO; DESPOIS MUDAMOS OS ROLES.

SEPARAMOS EN PLÁSTICOS, ORGÁNICO , PAPEL E CARTÓN. ATOPAMOS MOITÍSIMO LIXO! 

  

  

 

CONTACOMIGO FEBREIRO

A CHUS E O SAMUEL CONTÁRONNOS A HISTORIA DO CROCODILO QUE NON LLE GUSTABA A AUGA. ENCANTOUNOS O SORPRENDENTE FINAL!

MOITAS GRAZAS!

  

ROSALÍA DE CASTRO

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA COAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- PROCURA NA REDE DE INFORMACIÓN DA ESCRITORA.

- ELABORACIÓN DA NOSA PEZA DO QUEBRACABEZAS, DA LETRA A CON TAPÓNS PARA O CARTAZ, ESCRITURA DA PALABRA HERBIÑAS (ESCOLLIDA ENTRE TOD@S DUNHA ESTROFA DE ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES) PARA FORMAR O MARCO DO QUEBRACABEZAS.

- MEMORIZACIÓN E RECITADO DAS TRES PRIMEIRAS ESTROFAS DO POEMA ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES.

  

   

 

 

INAUGURACIÓN DO RECANTO DE LECTURA

A NOSA COORDINADORA DE BIBLIOTECA INAUGUROU O RECANTO DE LECTURA. AO COINCIDIR COA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA, ALUMN@S E MESTR@S LEMOS ALGÚN POEMA DE CANTARES GALEGOS E FOLLAS NOVAS.

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

TIVEMOS UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS: O ADRIÁN  E O MATEO DE 5º A.  COMPLETARON A HISTORIA DOS ANIMAIS DO BOSQUE CON ADIVIÑAS E CURIOSIDADES. MOITÍSIMAS GRAZAS!

               

BITS DE INTELIXENCIA DA RECICLAXE

OS BITS DE INTELIXENCIA MELLORAN A ATENCIÓN, FACILITAN A CONCENTRACIÓN, DESENVOLVEN E ESTIMULAN O CEREBRO, A MEMORIA E A APRENDIZAXE. ESTAMOS A TRABALLAR CUNS FEITOS POLA EQUIPA DE INFANTIL RELACIONADOS CO PROXECTO ECOTEO. EN 5 ANOS, ENGADIMOS CARTACES CON PALABRAS PARA FAVORECER A ADQUISICIÓN DA LECTOESCRITURA.

          

O CARBALLO CON BOTAS

O VENRES 8 TIVEMOS A VISITA DO CONTACONTOS ANXO MOURE. APROVEITAMOS A HISTORIA DO CARBALLO CON BOTAS PARA PLANTAR LANDRAS EN ZAPATOS VELLOS. DECORARÁN O PATIO DE INFANTIL!

CLICADE NA FOTO DO CALZADO PARA VER MÁIS.

   

AS CASAS DOS NÚMEROS 5 E 8

 FIXEMOS NA CORTIZA A CASA DO 5 E DO 8. TRABALLAMOS A DESCOMPOSICIÓN DESTES DOUS NÚMEROS PARA AXUDAR NO INICIO DE OPERACIÓNS ARITMÉTICAS SINXELAS. DESPOIS, PLASMAMOS O APRENDIDO EN PAPEL.

Distribuir contido


by Dr. Radut