Skip to Content

Blogue de Laura

OS TRES PORQUIÑOS

FINALIZAMOS O TRABALLO DOS TRES PORQUIÑOS COA MANUALIDADE DO SEU NARIZ. APROVEITAMOS PARA XOGAR E DRAMATIZAR A HISTORIA!

 

 

 

 

XOGOS DE MATES

ESTA SEMANA TRABALLAMOS CON DOUS XOGOS NOVOS. AXUDAN A CONCENTRACIÓN E A APRENDER CONCEPTOS MATEMÁTICOS.

 

NOMES D@S NEN@S DA AULA

COMO XA SABEDES ESTAMOS A TRABALLAR OS NOMES DA AULA. COMEZOU A VIAXAR POLAS CASAS O LIBRO DOS NOSOS NOMES PARA XOGAR EN FAMILIA. HOXE NA ASEMBLEA CLASIFICAMOS OS QUE REMATAN EN A E OS QUE NON.

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- FALAMOS DO SIGNIFICADO DA PALABRA VIOLENCIA.

- ELABORAMOS UNHA PORTA VIOLETA E COMENTAMOS COUSAS QUE NON DEBEMOS FACER SE CONDENAMOS A VIOLENCIA. PINTAMOS CARTÓNS DE COR NEGRA E A PROFE ESCRIBIU AS PALABRAS QUE DIXEMOS. (TODO INFANTIL)

- OS CONTOS DESTA SEMANA FIXÉRONNOS PENSAR E DEBATIR.

- CANTAMOS A CANCIÓN A PORTA VIOLETA VERSIONADA POLO NOSO MESTRE DE MÚSICA, ÓSCAR. (TODO O COLE).

- O 25 LEVAMOS POSTO UN LAZO VIOLETA.

  

  

OS NOSOS TROMPOS

ESTA FIN DE SEMANA LEVAMOS PARA CASA OS NOSOS TROMPOS! UTILIZAMOS UN CD, PAPEL DE PEGATINA, UN TAPÓN DO LEITE E UNHA CANICA. OBSERVAMOS OS EFECTOS ÓPTICOS QUE SE PRODUCEN AO FACELOS BAILAR! NESTES DÍAS TRABALLAREMOS O TEXTO INSTRUTIVO (MATERIAIS E PROCESO DE ELABORACIÓN) DO TROMPO. GRAVAMOS VIDEOS QUE LEVAREDES PARA CASA NA MEMORIA USB!

 

 

 

 

PROXECTO AULAS ILUSTRES

TEMOS UNS DÍAS CHEOS DE EMOCIÓNS! ESTREAMOS CHALEQUE PARA A XEFA OU XEFE DO DÍA. RECIBIMOS A CARTA DE ROKI (A MASCOTA DA BIBLIOTECA). DESPOIS DE A LER, PENSAMOS COMO PODIAMOS AVERIGUAR O NOME DA NOSA AULA... E ALGUÉN DIXO: PREGUNTÁMOSLLE AO ERNESTO? 

                                                                                           

                                                                A NOSA COMPAÑEIRA SARA CO CHALEQUE DE XEFA! 

                                                                           

                        O ERNESTO FAI UNHA ENTREGA ESPECIAL PARA NOS AXUDAR NA NOSA INVESTIGACIÓN.

                                                                                                                                                                                                                                         

 

 

 

POR PARELLAS UTILIZAMOS O MATERIAL QUE NOS TROUXO O ERNESTO PARA AVERIGUAR O NOSO PINTOR: URBANO LUGRÍS!

 

CONTACOMIGO: LORENA E MIGUEL.

O MÉRCORES TIVEMOS A VISITA DA NAI E DO IRMÁN DA NOSA COMPAÑEIRA EMMA. CONTÁRONNOS O MONSTRO DE CORES E CANTAMOS A CANCIÓN! TRAÍAN UN AXUDANTE MOI ESPECIAL, O MONSTRO VERMELLO. NON ENTENDEMOS A SÚA COR DE ENFADO... A VERDADE E QUE O PASAMOS XENIAL E TOD@S QUERIAMOLO ABRAZAR (NON GOSTARÁ DOS MIMOS?).

LORENA E MIGUEL! SODES GRANDES CONTACONTOS! MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

 

 

GALICREQUES

O LUNS FOMOS EN AUTOBÚS PARA VER LA BODA DEL PIOJO Y LA PULGA. FOI MOI DIVERTIDA! DESPOIS MERENDAMOS TOD@S XUNT@S E VOLTAMOS PARA AO COLE! UN DÍA CHEO DE EMOCIÓNS!

 

 

TÍTERES

O XOVES ASISTIMOS AO AUDITORIO CONSTANTE LISTE PARA VER EL FALDÓN DE LA LOCURA DA COMPAÑÍA LA PÍCARA LOCUELA.

 

 

 

O MAGOSTO

ESTE ANO O MAGOSTO FOI NA AULA POR MOR DA CHUVIA. ELABORAMOS UNS CESTOS MOI LINDOS PARA METER AS NOSAS CASTAÑAS! DEIXÁMOLOS NA CLASE PARA REUTILIZAR O VINDEIRO CURSO (MUDAREMOS ALGO DO DESEÑO). 

CLICA NA PRIMEIRA IMAXE PARA VER MÁIS.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut