Skip to Content

Blogue de Laura

BITS DE INTELIXENCIA DA RECICLAXE

OS BITS DE INTELIXENCIA MELLORAN A ATENCIÓN, FACILITAN A CONCENTRACIÓN, DESENVOLVEN E ESTIMULAN O CEREBRO, A MEMORIA E A APRENDIZAXE. ESTAMOS A TRABALLAR CUNS FEITOS POLA EQUIPA DE INFANTIL RELACIONADOS CO PROXECTO ECOTEO. EN 5 ANOS, ENGADIMOS CARTACES CON PALABRAS PARA FAVORECER A ADQUISICIÓN DA LECTOESCRITURA.

          

O CARBALLO CON BOTAS

O VENRES 8 TIVEMOS A VISITA DO CONTACONTOS ANXO MOURE. APROVEITAMOS A HISTORIA DO CARBALLO CON BOTAS PARA PLANTAR LANDRAS EN ZAPATOS VELLOS. DECORARÁN O PATIO DE INFANTIL!

CLICADE NA FOTO DO CALZADO PARA VER MÁIS.

   

AS CASAS DOS NÚMEROS 5 E 8

 FIXEMOS NA CORTIZA A CASA DO 5 E DO 8. TRABALLAMOS A DESCOMPOSICIÓN DESTES DOUS NÚMEROS PARA AXUDAR NO INICIO DE OPERACIÓNS ARITMÉTICAS SINXELAS. DESPOIS, PLASMAMOS O APRENDIDO EN PAPEL.

XOGUETES CON MATERIAL RECICLADO

CONTACOMIGO FEBREIRO

O IRMÁN DO JOÃO CONTOUNOS A HISTORIA DA SABELA E DO RUFO E QUE FACER NOS DÍAS DE CHUVIA. COUSAS QUE AO PRINCIPIO NON GOSTAMOS DELAS, DESDE OUTRA PERSPECTIVA PODEMOS VERLLES A PARTE DIVERTIDA.

 

           

                                

CONTACONTOS

A NOSA BIBLIOTECA ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL!@S NEN@S E NEN@S DE PRIMARIA ESCOLLEN, PREPARAN E CONTAN CONTOS ÁS NENAS E NENOS MÁIS PEQUEN@S. A LORENA COA HISTORIA DE BEBÉ JEFAZO CONSEGUIU A ATENCIÓN DE TOD@S.

GRAZAS, LORENA!

 

TEMPO ATMOSFÉRICO EN XANEIRO

CONTAMOS OS DÍAS DE CHUVIA, SOL, SOL E NUBES E NUBOSOS DO MES DE XANEIRO. UTILIZAMOS TAPÓNS E ROLLAS.

 

 

GUITARRETA COME LETRAS

GUITARRETA TIÑA FAME DE PALABRAS QUE COMEZASEN POLA LETRA A. TOD@S PENSAMOS E UTILIZAMOS A NOSA CONCIENCIA FONOLÓXICA PARA AS ESCRIBIR.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CON DISTINTAS ACTIVIDADES:

- DECORAMOS MOLDES DE MADALENAS PARA FORMAR UNHA POMBA CONXUNTA DE TODO O ALUMNADO DO COLE.

- APRENDIMOS A POESÍA SÓ TRES LETRAS.

- LEMOS O CONTO RUFUS, O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES.

- PROCURAMOS PALABRAS QUE COMEZASEN POR P, A, Z.

- CONSTRUIMOS SÍMBOLOS DA PAZ CON DIVERSOS MATERIAIS: ROLLAS, PEDRAS, TAPÓNS...

- DECORAMOS E FIXEMOS OS NOSOS MANDALAS.

- PINTAMOS A PALABRA PAZ E O SÍMBOLO NAS CARAS.

- VISIONAMOS CURTAMETRAXES RELACIONADAS COA PAZ COAS NENAS E NENOS DE INFANTIL, 1º E 2º.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

   

OBRADOIRO: QUEN DIXO MEDO?

PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DA CAMPAÑA QUEN DIXO MEDO? ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

PRIMEIRO, ESCOITAMOS O CONTO QUÉROTE CASE SEMPRE DE ANNA LLENAS. A NARRADORA FOI MOI ESPECIAL, MESTRA DALGUNHAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS NO INFANTARIO.

DESPOIS, FALAMOS DA HISTORIA, PREGUNTAMOS DÚBIDAS E  DECORAMOS CON DIVERSOS MATERIAIS AS SILUETAS DA RITA OU DO LOLO, PERSONAXES PROTAGONISTAS.

GRAZAS! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut