Skip to Content

Blogue de marisa

MASIDE EN COMPOSTELA

MASIDE EN COMPOSTELA. O TESTAMENTO PITÓRICO DO MESTRE.

 

Os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de E.I., asistimos á Fundación de Abanca na Rúa de Vilar de Santiago, a ver a exposición pitórica " Maside en Compostela" do destacado pintor galego.

 

Este é o testimonio da nosa frutífera saída.

 

 

 

SEGUIMOS ARTELLANDO

CORAZÓN, CORAZÓN...

Metidos xa no frío e chuvioso mes de xaneiro, quixemos deixar un pouco de caloriña realizando uns corazóns co gallo do día da paz. Cada un e cada unha arroupouno poñendo todo o seu amor. Este é o resultado.

ARTE PREHISTÓRICA

TROGLODITAS. Lembranzas do noso disfraz.

Con estes sinxelos debuxos a cera, quixemos deixar constancia do guapísimos e guapísimas que fomos o día da festa do entroido. Mirade algunha das nosas vestimentas.

 

DEBUXAMOS CON CARBONCILLO

No obradoiro de arte tamén quixemos aportar o noso granciño de area ao interesante proxecto da prehistoria no que estamos inmersos.

Por suposto o primeiro que fixemos foi informarnos e documentarnos tanto en libros e enciclopedias como visitando algunha páxinas en internet.

Deixamos enlaces a algún dos vídeos interesantes cos que fomos aprendendo e ampliando o noso coñecemento.

69º. PINTURAS RUPESTRES.

COMO HACER PINTURAS RUPESTRES. 

Premede aquí ou nos debuxos se queredes ver os prehistóricos resultados.

  

 

 

 

 

 

 

 

MANS RUPESTRES

Unha vez máis volvemos a voltas coas mans. Ao igual que na arte prehistórica quixemos deixar a nosa pegada en positivo e en negativo.
Mirade os resultados.

Para saber máis sobre a enigmética representación das mans como elemento artístico, coma sempre documentámonos vendo algúns interesantes vídeos.

VídeoMANOS RUPESTRES.

Vídeo LA CUEVA DE LAS MANOS.

 

 

PIGMENTAMOS

Para entender como pintaban con elementos naturais os homes e mulleres da prehistoria, intentamos facer o mesmo que eles. Mesturamos distintos elementos naturais e auga, remexemos e segundo a cor orixinal, a auga aparecía tinxida.

Utilizamos terra e  ladrillo machacado e conseguemos marróns e vermello.

Tamén utilizamos outros produtos procesados en pó, para conseguer outas cores. Traballamos con cacao, café, colorante alimentario, pemento, curri, especias indias e canela. 

Así quedaron os coloridos fondos.

Clicade aquí ou na foto para ver as imaxes.

 

 

OS ÍNDIOS DE GRANELL

ARMANDO UNHA DE INDIOS E INDIAS!

Unha vez máis, os nenas e nenas de Educación Infantil, vimos de participar no certame de Arte escolar que a Fundación Granell convoca todos os anos por estas datas. Nesta ocasión o tema proposto foi: "Os indios de Eugenio Granell". Documentámonos, sacamos moitos materiais de todo tipo do noso cuarto segredo e definimos que facer e que utilizar. O resto xa sabedes, mans á obra e moita imaxinación.

Queredes ver todo o proceso e as indiadas que fixemos?

Premede sobre a imaxe.

 

ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME DE ARTE NA FUNDACIÓN GRANELL

O 17 de decembro ás 18.30 da tarde tivo lugar a entrega dos premios. Con toda ledicia e toda honra celebramos varios de eles. Unha tarde para lembrar!

Clica na foto para ver toda a reportaxe

 

ESTES FORON OS GALARDÓNS ACADADOS
Iago Duro Lojo: categoría única de educación infantil
Alexio Félix González: categoría de debuxo.
 Claudia Castro Asorey: categoría pintura.  
 Xoel Pascual Souto: categoría escultura (construción).  
 Samuel Montes de Asís: categoría escultura (construción).  

 

DEBUXO MÁXICO

ESGRAFIADO. Que nome tan raro!

Para nós: debuxo máxico

Con este nome témonos referido a distintos traballos realizados outros anos. Utilizámolo de cada vez que unha técnica por pasos nos sorprende  no seu resultado. Agora sabemos que esta é unha actividade moi coñecida, pero para nós era nova e máxica.

Utilizamos un anaco de cartolina branca e máis ceras brandas manley de cores. Pintamos anaquiños de distintas cores, cubrimos todo de cera negra e ....rascamos con algo punzante para ir creando o noso debuxo. Si, agora sabemos, estivemos utilizando a técnica do esgrafiado, que utiliza un pouco da técnica do gravado e outro da serigrafía.

 


            

Mirade o proceso e os resultados.

 

 

 

 

 

 

Se queredes saber máis sobre esta técnica aquí vos deixamos un enlace.

COAS NOSAS MANCIÑAS, COUSAS BEN BONITIÑAS

PALMA, REPALMA...

Aquí estamos de novo coas mans na masa. Supoñemos que xa tedes comprobado que temos moi boas mans.

Modestia aparte, a verdade é que nos demos conta que utilizando as nosa mans como modelo , podiamos facer un mundo de cousas distintas. Utilizando a contorna da man e botándolle un chisco de imaxinación, decoramos a árbore do noso corredor e fixemos uns cadros ben chulos.

Mans á obra! Mirade aquí os resultados.

 

ARTÍSTICAS TOALLIÑAS

En máis dunha ocasión temos botado man de materiais que xa non se usan ou de refugallo para novos traballos artísticos. O que non podiamos crer que mesmo a tolliña na que limpamos as mans, chegara a ser unha auténtica obra de arte. Querédelo ver?

 

MUROMÁN

Pois agora, erguémola ben alto e deixamos a nosa impronta en dous muros do patio de area. Mirade que vistoso quedou e canta imaxinación lle botamos.

 

ARTISTEO NA AREA.

ARTE EFÍMERA.

Mentres algúns compañeiros estaban en plena creación artística coa súa man no muro, algúns e algunhas decidimos non perder inspiración e seguir deixando, iso si por pouco tempo, a nosa obra.

Mirade que simple pero que vistoso.

POI SI, XA ESTAMOS AQUÍ!

OLA, OLA!

Con un pouco de retraso comezamos un curso máis a nosa particular, didáctica, creativa e divertida ANDAINA pola ARTE. Xa levamos mes e medio dándolle as mans, e xa comprobaredes por que o dicimos.

Se queredes ir vendo unha mostra do moito que levamos artisteando, aquí vos vai  un adianto.

Preme aquí ou na foto

mans


E como pasa o tempo! Como imos medrando! Queredes ver o maiorcísimos que nos vemos? 

Así foi como comezamos o noso paseo artístico, presentándonos coa mellor forma que sabemos facelo, debuxándonos. Así che son! Así me vexo!

 

Mirade os resultados.

 

EXPOSICIÓN FINAL DE CURSO

 

 

Un ano máis vimos de expoñer grande parte dos traballos realizados no Obradoiro durante este curso. A exposición tivo lugar o venres 6 e o sábado 7 de xuño. Que orgullo ver na Casa Común de Oza, todo alí ben disposto! Modestia aparte, grande éxito de crítica e público. Moito traballiño, pero desde logo que pagou a pena.

Premede aquí ou na imaxe para ver as fotos.

TRES. DOUS, UN, ARTELLANDO EU FUN.

Voando vou, voando veño...

e así sen nos percatar,

ao terceiro trimestre

acabamos de chegar

 

As meninas de Diego Velázquez

Por segundo ano consecutivo, decidimos abordar un traballo sobre esta enigmática e cautivadora pintura. Logo do noso enorme interese  por saber sobre sobre o que alí acontece, coñecer a súa historia e descubrir os seus personaxes, este curso démoslle un tratamento especial coa nosa particular interpretación desas Meninas de Velázquez e da Infanta Margarita, protagonista do cadro.

Meninas

E para saber máis fomos á aula de informática a mergullarnos na rede e atopamos moita información do cadro e dos seus personaxes. Ata poidemos escoitar as explicacións da propia Infanta e do mesmo Velázquez sobre todos eles! E mesmo vimos un conto de animación sobre a sua historia!

 

Como pintoras e pintores case profesionais, e logo de recabar un mundo de información, comezamos o noso traballo, facendo bocetos.

Logo disto, comezamos o noso taballo sobre os lenzos coas nosas particulares e orixinais versións. Así quedaron "As Meninas da Ramallosa".

 

 

 

 

Construíndo xunt@s.    

Nesta actividade grupal, precisamos poñer moita imaxinación, consensuar, coordinarnos, expresarnos, dialogar e mesmo discutir un pouquechiño ata chegar a acordos.

En cada grupo de traballo, pensamos nunha creación para que nos representase diante dos demais, como se se tratase dunha mascota.  Debatemos sobre que queriamos facer, e por maioría acadamos un consenso. Pensamos no material base, onde eliximos entre poliespán, tubos de cartón e caixas de cartón e de plástico. Logo, fómoslle dando forma ao noso proxecto, verbalizando os detalles, e á vez decidindo que outros materiais iamos utilizar. Para iso, unha vez máis recorremos ao baúl das trangalladas, tan útil para permitirnos imaxinar. Recorremos as bandexas cos materiais de refugallo  e fomos decidindo que nos facían falta.  

E nesas andamos, uns xa rematados e outros en pleno proceso. No que coincidimos todos foi no que gozamos coa actividade. O que tal nos gustou! E que orgullo!

Botádelle un ollo ás nosas construcións 

 

 

Flores de primavera

Non é a primeira vez que facemos unha actividade como resultado dunha necesidade. Chegada a primavera, puxémonos a debuxar flores para adornar a árbore que temos nocorredor de infantil. Así de sinxelo e así de útil.

    

 

    Premede aquí ou na fotopara ver distintos modelos.   

 

ARTELLANDO NO 2º TRIMESTRE

Incrible pero certo, xa estamos no 2º trimestre. Comezámolo con grande enerxía e con moitos folgos. Proba disto é que xa levamos varias actividades distintas e ben variadas.

E máis incrible aínda, o trimestre xa finalizou e isto foi o que nos deixou. Se queredes comprobalo, deixámosvos un enlace onde poderedes ver todas as fotos do trimestre.

 

Reciclando rotuladores.

Non é a primeira vez que reutilizamos materiais vellos ou en desuso. Compartimos con vós esta fabulosa idea para darlle un novo uso a eses rotuladores que se van gastando e pintan mal. O primeiro que hai que facer e separalos por cores. A continuación póñense cara abaixo nun vaso con auga. A tinta vai escorrendo e tinguindo o líquido. Así de sinxelo!

E case sen nos decatar, acuarela líquida acabamos de fabricar.

 

 

A continuación, pintamos libremente mergullando o pincel nesa auga. Fixémolo sobre papel normal e máis sobre papel vexetal. E do que nos decatamos é de que no primeiro caso o papel enchoupaba a pintura, mentres que no papel vexetal non sucedía iso e mesmo esvaraba. Se premedes sobre a foto podedes ver o proceso.

 

 

 

Témpera libre en cabalete.

Como de auténticos profesionais da pintura, deixamos voar libremente a nosa imaxinación e deixamos traballar a nosa man con moito tino de que a pintura non escorrese cara abaixo. Efectivamente non é o mesmo pintar sobre un soporte vertical que sobre un horizontal, tal e como adoitamos facer

.Estes son algúns exemplos da nosa creatividade.

Mirando a  Miró..

Joan Miró engaiolounos coas súas 5 cores máxicas: amarelo, verde, azul, vermello e negro.

E as súas figuras únicas e ben recoñecibles, estrelas, lúas, círculos, serpes... atrapáronnos e pedíronnos que nós tamén xogásemos ao igual que o xenial artista con esas cores e esas formas.

Inspirándonos nas súas esculturas, traballamos as nosas. Para obter información da súa vida e enchouparnos da súa arte, visitamos dúas páxinas de you tube.

Premede aquí ou na foto para comprobalo.

 

As pombas da paz

Ao igual que outros anos, o 30 de xaneiro non quixemos deixar de celebrar o día mundial pola paz. Sabedores de que se trata dunha lembranza e de que calquera día do ano é bo para seguilo conmemorando, no obradoiro quixemos deixar a nosa pegada debuxando unhas fermosas pombas. E como fixemos noutas ocasións, inspirámonos na serie de Pombas da Paz de Pablo Picasso. 

Clicando, podedes gozar duns pacíficos intres.

 

Simetrías

simetría

 

        O curso pasado familiarizámonos con esta técnica que consiste en estampar a pintura mollada dunha metade dunha cartolina na outra metade, quedando deste xeito, un calcado perfecto en simetría.

Chegado o entroido, pensamos que utilizando esta técnica poderiamos crear unhas máscaras fantásticas. Nesta ocasión, para conseguir ese efecto psicodélico o que fixemos foi botar a témpera directamente do bote, tal e como poderedes comprobar nas fotografías que ilustan o proceso.

Queredes ver todo o proceso?  Clicade aquí ou na foto.

 


Pero xurdiunos un problema inesperado, quedaban tan vistosas e chamativas, que nos daba mágoa non deixalas plasmadas como un cadro. E como a actividade nos engaiolou desa maneira, volvemos a repetila. Nesta segunda vez, para variar un pouquechiño o acabado, utilizamos témpera líquida con purpurina. Mellor aínda! Unha vez recortadas as nosas máscaras non tiñan nada que envexar ás venecianas. Ou iso nos pareceu a nós.

Probámolas e quedamos así de artísticos. A ver se sabedes quen é quen.  Para vos facilitar o xogo, deixámolas por aulas.

 

MÁSCARAS AULA DE 3 ANOS A. 

 

MÁSCARAS AULA DE 3 ANOS B.

 

MÁSCARAS AULA 4 ANOS.

 

MÁSCARA AULA DE 5 ANOS A.

 

MÁSCARAS AULA DE 5 ANOS B.

 

Visita ao CGAC

 

O 19 de marzo, os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos a exposición 93, co gallo do 20 aniversario do museo. O 20 de marzo tocounos aos de tres anos. Encantóunos! Deixamos mostra de todo o que vimos e vivimos.

 

Clicade aquí ou na foto para ver a reportaxe fotográficaCGAC

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut