Skip to Content

Responder ao comentario

TRES. DOUS, UN, ARTELLANDO EU FUN.

Voando vou, voando veño...

e así sen nos percatar,

ao terceiro trimestre

acabamos de chegar

 

As meninas de Diego Velázquez

Por segundo ano consecutivo, decidimos abordar un traballo sobre esta enigmática e cautivadora pintura. Logo do noso enorme interese  por saber sobre sobre o que alí acontece, coñecer a súa historia e descubrir os seus personaxes, este curso démoslle un tratamento especial coa nosa particular interpretación desas Meninas de Velázquez e da Infanta Margarita, protagonista do cadro.

Meninas

E para saber máis fomos á aula de informática a mergullarnos na rede e atopamos moita información do cadro e dos seus personaxes. Ata poidemos escoitar as explicacións da propia Infanta e do mesmo Velázquez sobre todos eles! E mesmo vimos un conto de animación sobre a sua historia!

 

Como pintoras e pintores case profesionais, e logo de recabar un mundo de información, comezamos o noso traballo, facendo bocetos.

Logo disto, comezamos o noso taballo sobre os lenzos coas nosas particulares e orixinais versións. Así quedaron "As Meninas da Ramallosa".

 

 

 

 

Construíndo xunt@s.    

Nesta actividade grupal, precisamos poñer moita imaxinación, consensuar, coordinarnos, expresarnos, dialogar e mesmo discutir un pouquechiño ata chegar a acordos.

En cada grupo de traballo, pensamos nunha creación para que nos representase diante dos demais, como se se tratase dunha mascota.  Debatemos sobre que queriamos facer, e por maioría acadamos un consenso. Pensamos no material base, onde eliximos entre poliespán, tubos de cartón e caixas de cartón e de plástico. Logo, fómoslle dando forma ao noso proxecto, verbalizando os detalles, e á vez decidindo que outros materiais iamos utilizar. Para iso, unha vez máis recorremos ao baúl das trangalladas, tan útil para permitirnos imaxinar. Recorremos as bandexas cos materiais de refugallo  e fomos decidindo que nos facían falta.  

E nesas andamos, uns xa rematados e outros en pleno proceso. No que coincidimos todos foi no que gozamos coa actividade. O que tal nos gustou! E que orgullo!

Botádelle un ollo ás nosas construcións 

 

 

Flores de primavera

Non é a primeira vez que facemos unha actividade como resultado dunha necesidade. Chegada a primavera, puxémonos a debuxar flores para adornar a árbore que temos nocorredor de infantil. Así de sinxelo e así de útil.

    

 

    Premede aquí ou na fotopara ver distintos modelos.   

 

Responder



by Dr. Radut