Skip to Content

Blogue de marisa

ARTE PARA COMPARTIR. BENVIDAS, BENVIDOS!

Ola artistas!

Abrimos as portas ao Obradoiro de Educación Artística. Para entrar tan só fai falta botarlle un chisco de imaxinación e creatividade e moitas ganas de gozar con todo o que con vós imos compartir. Arte, moita arte que nos sae do máis fondo, dos máis profundos sentimentos. Arte para compartir.

 

O curso pasado iniciamos o noso paseo web pola arte coa publicación de todas as actividades realizadas durante o ano. Por se queredes lembrar aquela andanza, aquí queda o enlace a esa páxina. Preme na imaxe para entrar.

 

 

 

1,2,3, este curso "arteamos" outra vez!

Xa arteamos un trimestre enteiro. Chegamos tarde, pero en compensación deixámosvos o testimonio de todo o noso facer ata o momento. Tempo de verán, eu son..., outonarte, tempo de nadal, coas mans na masa, ilustrámonos.Premendo na foto, podedes ver todas as fotos ata as vacacións de nadal.

 

 

 

 

 

Festa despedida 19

NOVAS ACTIVIDADES PARA O 3º TRIMESTRE

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

De novo por mor do tempo, tivemos que cambiar de plans e cambiar o Xirimbao, coa súa contorna única e especial polo noso centro. A pesares de todo, non estivo nada mal. O máis importante e que as criaturas gozaron enorrmemente co xogo de pistas, intentando atopar á meiga,  cos xogos no patio cuberto e como non, cos hinchables. E como colofón, e como non podía ser doutra maneira, a música!

Clicade aquí ou na foto para ver parte desa mañá intensa de celebración.

CHEGOU O NADAL!

SESIÓN DE ZUMBA E MERENDOLA de E.I.

Xa vai aló o primeiro trimestre e coma é habitual, despedímolo en movemento cun ambente festeiro. Aquí vos deixamos unha mostra do noso baile de zumbra que gozamos un montón con Viqui.

Clicade na imaxe ou aquí para velo.

 

Felicísimas festas

 

 

ENCONTRO CO NOVO ALUMNADO DO CRA

XORNADA DE CONVIVENCIA CO NOVO ALUMNADO PROCEDENTE DO CRA.

Benvidas e benvidos!. Agardardávosmos para o curso para comenzaren con nós unha nova etapa en primaria.

O xoves 15, recibimos aos novos compañeiros e compañeiras das Escolas Unitarias que para o ano, incorpóranse ao cole. Entre outras cousas, debuxamos uns murais que se queredes podedes ir ver as oaredes do patio cuberto, xogamos, e merendamos no patio dos maiores!Premede aquí ou na foto para ver máis.

ACTIVIDADE SEGURIDADE VIARIA

SEGURIDADE VIARIA

O venres 8 de xuño, o alumnado de infantil, tivo unha xornada de Seguridade Viaria, grazas á colaboración e iniciativa de Marcos Iglesias, pai dunha alumna do ciclo e de Eulogio, un compañeiro, ámbolos dous pertencentes á Policía Local de Santiago. Aprendéronnos unha chea de cousas elementais sobre como ir máis seguros e seguras no coche e poidemos gozar co circuito e a visita aos coches da policía. Aínda nos sentimos emocionadoas e emocionados!  Ademais contamos coa colaboración da Policía Local de Teo.Grazas a todos os axentes pola colaboración.

Clicade aquí ou na foto para ver como resultou a experiencia.

COMEZANDO UN NOVO CURSO

CONTOS INSPIRADOS NO RETRATO DO COCIÑEIRO DE GEORGE WASHINTON EN EDUCATHYSSEN

Con grande ledicia, comezamos neste novo curso, abirndo boca e compartindo con vós un menú creativo que os nenos e nenas de Educación Infantil, realizamos o curso pasado.

A experiencia desenvolveuse ao longo de todo o curso pasado no obradoiro de biblioteca, onde o personaxe do Retrato do cociñeiro de George Washinton nos ilustrou, narrándonos cada semana cunha historia sobre a comida e a alimentación.

Maside en Compostela

MASIDE EN COMPOSTELA. O testamento pitórico do mestre.

MASIDE EN COMPOSTELA

MASIDE EN COMPOSTELA.O TESTAMENTO PITÓRICO DO MESTRE.

 

Os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de E.I., asistimos á Fundación de Abanca na Rúa de Vilar de Santiago, a ver a exposición pitórica " Maside en Compostela" do destacado pintor galego.

Mirade o que tal aprendemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut