DEBUXO MÁXICO
ESGRAFIADO. Que nome tan raro!
Para nós: debuxo máxico
Con este nome témonos referido a distintos traballos realizados outros anos. Utilizámolo de cada vez que unha técnica por pasos nos sorprende no seu resultado. Agora sabemos que esta é unha actividade moi coñecida, pero para nós era nova e máxica.
Utilizamos un anaco de cartolina branca e máis ceras brandas manley de cores. Pintamos anaquiños de distintas cores, cubrimos todo de cera negra e ....rascamos con algo punzante para ir creando o noso debuxo. Si, agora sabemos, estivemos utilizando a técnica do esgrafiado, que utiliza un pouco da técnica do gravado e outro da serigrafía.
Mirade o proceso e os resultados.
Se queredes saber máis sobre esta técnica aquí vos deixamos un enlace.
Comentarios
Enviar un novo comentario