Skip to Content

Varias

Abellas

O 27 de abril, o alumnado de 1º e de 2º de E.P. foron a Oira á aula da natureza a aprender moitas cousas sobre as abellas.

Foi unha xornada moi interesante xa que nos explicaron a diferencia entre abella, avespa e abellón, a súa anatomía, como viven, como se reproducen, a función dos zánganos, da raiña e das obreiras na colmea, como fan a mel e a cera; entre outras.

Tamén nos puxemos o traxe de apicultor@r, probamos o polen,  e fixemos unha candea que trouxemos para casa cun un pouco de mel para degustar.

Foi unha xornada moi didáctica e disfrutarona moito.

Contacontos "Luuume" pola mestra María

A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.

No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.

Día da árbore

Ao longo da semana do Día da árbore realizamos diversas actividades encamiñadas a fomentar a defensa do medio ambiente que estamos a traballar no PDI deste curso. Unha delas consistiu na plantación de árbores no pátio do noso colexio.

O alumnado máis cativo do cole plantou unha cerdeira que mercamos nun viveiro próximo ao noso centro.

O alumnado máis maior plantou unha ameneira que nos facilitou a Deputación de Ourense.

O funcionamento dos pulmóns

O alumnado de 3º comprobou de forma experimental como é o funcionamento dos pulmóns.

Galería de imaxes do experimento

Realizamos o lapbook sobre o experimento para a exposición da biblioteca

Día da Poesía 2022

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas.

As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural:

Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese,  os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer.

Alumnado de Ed. Infantil

 Alumnado de 3º de Ed. Primaria

A folla azul

O alumnado de 6º curso de Ed. Primaria participou no Concurso de animación á lectura, actividade baseada na gamificación que nos axudou a comprobar os resultados finais de todo o traballado desde o club de lectura nos meses de decembro e xaneiro sobre o libro "A folla azul” de Andrea Maceiras. A súa lectura tiña como finalidade principal provocar no lector unha reflexión sobre o futuro da Amazonia, que no fondo sobre é o futuro de todas e todos, sen esquecer a relevancia do concepto da eco-diversidade que este ano estamos a traballar no PDI do noso centro.

A folla azul conta a historia de Husu, unha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada e voluntariamente illada da sociedade. Un día, os membros da tribo vense afectados por unha estraña enfermidade que provén do mundo civilizado. Husu, a nena dos ollos de luz, sálvase grazas ás premonicións da súa avoa. Só ela pode conseguir a cura para a doenza dos seus irmáns e irmás que precisamente é a folla azul que dá título á historia. Deste modo, emprende un longo camiño cheo de aventuras no que toma conciencia do perigo que corre o seu fogar, a selva.

Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Hasu, protagonista da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que os moderadores lles ían facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C Levaron como premio un exemplar do novo libro que traballaremos no Club de lectura, titulado: “Palabras de auga” de Marcos Calveiro.

Exposición de froitos do outono 2021

Ao longo do mes de novembro realizamos unha exposición de traballos manuais elaborados con froitos do outono polo alumnado do noso centro.

Na seguinte galería podedes observar a gran calidade e creatividade de todos os traballos presentados.

 

Palabras

Periodismo de investigación

 

Este ano, no Sueiro decidimos achegarnos a un dos oficios máis importantes na pandemia. Intentamos ser periodistas, os que nos informaban á perfeción das novas.

Intentámolo por todos os medios, como reporteiros, como presentadores, como xornalistas, ao final, decidimos seguir estudando, que para traballar ainda nos queda.

Pasea pola túa cidade

O día 19 de maio o alumnado de Ed. Infantil participou na actividade "Pasea pola túa cidade" que organizou a Concellería de Ed. de Ourense.

Realizamos unha visita guiada polo monicreque Martiño ao casco vello da cidade que partíu dos xardíns das Burgas e continuou con visitas á Praza Maior e Concello para posteriormente visitar as tres entradas da Catedral, comezando pola praza do Trigo e rematando na praza de San Martiño.

Antes de regresar para o cole, fixemos unha parada na zona de xogos do parque da Alameda, no que repuxemos forzas para voltar para casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut